A Xunta e a Deputación de Pontevedra celebrarán este martes (19:00h.) na Delegación do Goberno galego en Vigo (r/Concepción Arenal, 8) a primeira reunión aberta a toda a cidadanía para enriquecer o Plan de usos do cine Fraga. “O obxecto deste encontro é coñecer de primeira man as propostas e suxestións de todos os vigueses e viguesas e deseñar, así, unha senda compartida para convertelo nun centro de desenvolvemento cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular”.
Máis de 7.00 m2 no centro de Vigo
Así se deu conta no informe da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, avaliado hoxe na reunión do Consello que inclúe os seguintes pasos que darán a Xunta e a Deputación para a apertura.
Hai que lembrar que este edificio emblemático da cidade, pechado dende pechado desde 2011, conta con máis de 7.000m2, está considerado como unha xoia da arquitectura civil e forma parte do
Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.
Así, como informamos en vigoalminuto, este verán a Xunta e a Deputación de Pontevedra compraron o inmoble por algo más de 9,3 millóns de euros – a Xunta achega o 51% e a Deputación o 49% restante- e abriron, por medio da campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, un período de recollida de ideas, de cidadáns, asocacións e entidades culturais para concretar o seu uso público e as oportunidades que emerxen coa súa reapertura.
Esta iniciativa desenvólvese a través de dúas vías: unha caixa de correo electrónico e a programación de xuntanzas abertas á cidadanía, cuxo primeiro encontro terá lugar mañá e que continuarán nos vindeiros meses con diversos axentes culturais, sociais e económicos da cidade.
Tamén en vigoalminuto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotas
- Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que participan en competición estatal
- ‘Volcán islandés de nombre impronunciable’, la nueva novela del vigués Iago Méndez
- El ministro de Cultura tendrá que manifestar en el Congreso su apoyo a la Biblioteca del Estado
- El ADN confirma que los huesos enterrados en Sevilla son los de Cristóbal Colón
- Folga estudantil e concentracións este venres, 11 de outubro
Preto de 200 propostas a través da caixa de correos virtual
A caixa de correos virtual – [email protected]-recibiu dende o pasado 23 de agosto preto de 200 achegas que aumentarán posto que seguirá aberta ata finais deste mes. As mesmas servirán ao obxectivo de que o Fraga acolla unha variada programación, que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación
e a participación ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia.
Calendario
Tras a recadación destas prevese que o proxecto quede redactado neste mesmo ano e se reserve a previsión dos primeiros investimentos nos orzamentos de 2025, ano en que se fará a súa presentación
pública.
Entre 2025 e 2026, prevese a licitación e adxudicación das obras, “coa intención de que estean rematadas para o seu uso ao final deste período“, apuntan dende a Xunta.