A Asociación Veciñal de Teis, organiza este sábado 14 e o domingo 15 de setembro a » Teis Fest» na praza da ETEA.
Este é o sétimo ano que os veciños escollen a antiga escola de transmisións, con varios obxectivos: que sexan unha xornada de convivencia entre a veciñanza e darlle uso e por en valor os terreos da ETEA, que durante moitos anos, até o 2002, estiveron prohibidos para os veciños.
Así, o festa terá un amplo programa de actividades cun xantar veciñal, concertos, atraccións infantís ou festa da escuma.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será este sábado 14 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación . Este ano vaise elaborar na propia festa carne o caldeiro, ademais de empanada, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25 euros para socios/as e 30 euros non socios/as.
Aposta pola música local e atraccións infantís
Desde a Asociación «apostamos pola música local» e de feito das 4 actuacións, 3 son grupos de Vigo: «O Faro da Guía, «Sonido de Teis» e «Sun Iou »
Así mesmo, durante toda a fin de semana haberá actuacións infantís a prezos reducido -3€- e o domingo ás 18:00 h, a festa da escuma.
Ademais en vigoalminuto
- El Parque Empresarial de Balaídos proyecta una cubierta vegetal y más de 70.000 m² de zonas verdes junto a Matamá
Y 110.000 metros cuadrados para la implantación de empresas - Los drones de la Policía Local destapan capturas ilegales de pulpo y marisco
La vigilancia aérea permitió interceptar a varios furtivos en Canido, la ETEA y Mende - 68 mozos da provincia de Pontevedra darán o salto ao seu primeiro emprego en xaneiro
Traballarán durante un ano en 33 concellos grazas a un programa da Deputación - Malú, mercados navideños, teatro, conciertos y exposiciones para tres días de planes
La ciudad suma nuevos mercados y una intensa programación cultural y familiar
Sábado, 14
- 12:30 h. Exhibición Zumba.
- 14:00 h. Xantar veciñal.
- 18:00 h. Grupo » O Faro da Guía»
- 20:00 h. Sonido de Teis.
- 21:30 h. Sun Iou.
- 23:00 h. Tecor Societario
Domingo,15
- 18:00 h. Festa da escuma.
