As Festas do Cristo, no Porriño, que comezaron a principio deste mes, continúan esta fin de semana. Como parte das máis de 100 actividades programadas durante todo o mes, o sábado e o domingo podes gozar da música, o teatro ou o deporte.
Sábado, 14
- Así,ás 12:30h. a programación comeza co ‘Concerto Sesión Vermú’, ‘Los lunes al sol’, na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
- Na mesma praza, ás 18:00h. Contacontos, ‘Os contos de maison’.
- Dende as 19:00h., polas rúas da vila pasarán os participantes na XII Milla Porriñesa
- Seguindo co deporte, no Campo de Lourambal dispútase o III Torneo de Fútbol ‘Jonathan Vila’
- E ás 20.00h., no Círculo Recreativo Cultural, con entrada libre e de balde, Teatro: ‘As que limpan’ da Compañía Panadaría, coa actriz porriñesa Areta Bolado. A obra, que conta xa con sete premios, retrata con humor a loita das camareiras de piso por alcanzar uns dereitos laborais e sociais xustos. “É unha comedia musical con música en directo e a capela”, explica Bolado, “que fala sobre as camareiras de piso, as que limpan os hoteis e a loita organizada que levan desde hai anos, e polas que se fixeron tan famosas ‘As Kellys’. Tamén falamos do turismo e os efectos que ten na paisaxe e na vida en xeral das persoas e dos seres vivos. E, por suposto, falamos da fenda de xénero nos traballos de limpeza e coidados”.
Domingo, 15
- O día comezará co ‘Encontro de Gaiteiros e Cantareiras’ das Asociacións, ás 12:00h. na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
- Ás 18:00h. será a quenda de Os Bolechas Deportistas con ‘Radiolímpica’, polas rúas da vila.
- E ás 20:00h. a Orquestra de Cámara Galega, porá o punto final á fin de semana na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
Tamén en vigoalminuto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotas
- Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que participan en competición estatal
- ‘Volcán islandés de nombre impronunciable’, la nueva novela del vigués Iago Méndez
- El ministro de Cultura tendrá que manifestar en el Congreso su apoyo a la Biblioteca del Estado
- El ADN confirma que los huesos enterrados en Sevilla son los de Cristóbal Colón