O PP de Redondela denuncia que, «outra vez máis», o Concello perde unha subvención, desta volta do Goberno galego para o Obradoiro de garantía xuvenil, que ascendía a 438.603€, por non ter presentadas as contas en prazo.
Os populares subliñan que as axudas perdidas polo Concello estaban destinadas á realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción
profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil de Galicia.
Mellora das perspectivas laborais para mozas e mozos desempregados
Ademáis salientan a grave perda que supón dado que son programas que “combinan a formación e o emprego e permiten mellorar a empregabilidade e cualificación profesional das persoas participantes, neste caso mozos desempregados menores de 30 anos, para facilitar así a súa inserción no mercado
laboral”. Con esta finalidade, «estas iniciativas coordinan a formación teórica coa realización dun traballo efectivo durante un ano no que o alumnado accede a un contrato e a un salario laboral».
Tamén en vigoalminuto
- Baiona recurre a Vigo para garantizar el agua, ante el riesgo de problemas de abastecimiento

- O Porriño prepara un orzamento de 26,8 millóns, sen aumento de impostos

- Muere un vecino de Vigo en un accidente de tráfico en As Neves

- Vigo, clave para la seguridad alimentaria europea

- Hallan muerto a un hombre en avanzado estado de descomposición junto a una nave, en Vigo

- Vigo pone el coche de siempre patas arriba: es la ciudad de España que más apuesta por el renting

Beneficio para os cidadáns
Ademais, lembran os representantes da oposición municipal, «ao realizar as súas prácticas en traballos de mellora de dotacións públicas ou a prestación de servizos de interese xeral, isto ten unha repercusión na mellora da calidade de vida e das prestacións para toda a sociedade”.
«É unha magoa que Redondela estea a perder subvencións pola deixadez do Goberno municipal e que os novos redondeláns non poidan contar con estas oportunidades, máis tendo en conta que son axudas para que podían traballar».
Auditoría do Concello de Contas
Ademais, o pasado venres coñeceuse que o Consello de Contas incorporará ao seu Plan de Traballo para 2024, a proposta do Grupo Popular, a realización dunha auditoría operativa dos concellos galegos que non cumpriron a súa obriga de render as súas contas, segundo o previsto no artigo 223 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Neste momento esta auditoría afectaría aos concellos de Verín, A Rúa e Redondela, que son os que non cumpriron coa súa obriga de remitir ao Tribunal de Contas a ‘Conta Xeral’ do exercicio anterior, antes do 15 de outubro de cada ano.
A incorporación ao Plan de Traballo do Consello de Contas desta auditorías operativa baséase nun criterio obxectivo e resulta de aplicación con independencia da cor política de quen goberne.
