Galicia

A investigadora Clara González Formoso, nova académica da Academia de Enfermaría de Galicia

Doutora pola Universidade da Coruña, exerce como enfermera pediátrica na Área Sanitaria de Vigo

A investigadora Clara González Formoso, nova académica da Academia de Enfermaría de Galicia

A investigadora do Grupo Servizos de Saúde I-Saúde, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Clara González Formoso, ven de ser investida como académica de número da Academia de Enfermaría de Galicia, nun acto celebrado en Vigo.

Clara González, que exerce o seu labor como enfermeira pediátrica no centro de saúde de
Ponteareas, é doutora pola Universidade da Coruña coa súa tese: A investigación de
incidentes como ferramenta para mellorar a cultura da seguridade de pacientes. Á súa ampla
traxectoria profesional combínase coa docencia a profesionais da enfermaría e de investigación
dentro do IIS Galicia Sur.

“Compromiso co avance do coñecemento”

Esta recepción e investidura foi precedida polo seu discurso de ingreso, onde un tema de actualidade disertando sobre un tema de actualidade: ‘Entre pantallas e desafíos: abordando o uso problemático da tecnoloxía na adolescencia’, que foi contestado polo académico de número, o doutor Ángel Martín Ques.

Segundo expresou a propia Academia de Enfermaría de Galicia a través da súa páxina web, Clara González Formoso «destaca notablemente no ámbito da formación continuada dos profesionais de enfermaría, desenvolvendo o seu admirable quefacer dentro da Área Sanitaria de Vigo. Seu compromiso
inquebrantable co avance do coñecemento na nosa disciplina e o seu extenso e brillante currículo, lévanos ao convencemento de que a súa incorporación será de enorme beneficio para esta comunidade académica”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.