‘Tras do Ceo’ é o novo libro de Manuel Rivas (66). Trátase dunha novela negra radical que inicia un novo proxecto narrativo arredorda caza do home polo home e a depredación social e natural. A obra está xa nas librarías e nas próximas semanas o autor percorrerá varias cidades e vilas galegas para presentala ante o lectorado (en Vigo o 11 de outubro ás 20:00h. no MARCO).
Trama
A historia transcorre nun entorno rural, coa aldea de Tras do Ceo como epicentro. Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade enegocios, participa nunha batida na que o obxectivo é O Solitario, un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías.
No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súaaxuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá
derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir.
Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno.
Ademáis en vigoalminuto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotas
- Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que participan en competición estatal
- ‘Volcán islandés de nombre impronunciable’, la nueva novela del vigués Iago Méndez
Manuel Rivas
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego,está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosaseditoras literarias do mundo.
Como narrador ten publicado:
- Todo ben (1985)
- Un millón de vacas(1989), Premio da Crítica Española
- Os comedores de patacas(1991)
En salvaxe compaña (1994), Premio da Crítica Galicia - Que me queres, amor? (1996),Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa
- Bala perdida (1996)
- O lapis do carpinteiro (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación deEscritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001)
- Ela, maldita alma(1999)
- A man dos paíños (2000)
- As chamadas perdidas (2002)
- Contos de Nadal(2003)
- Os libros arden mal (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, PremioIrmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio MellorLibro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez,Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Todo é silencio (2010)
- As voces baixas(2012)
- O último día de Terranova (2015)
- Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)
Tras do Ceo (Xerais, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredaciónda natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista Luzes.