O BNG botará man da súa representación no Parlamento de Galicia para que se constitúa unha comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas vencelladas a familiares de altos cargos e tamén para acrarar o ‘sobrecusto’ de preto de 500 millóns na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, como recolle un informe do Consello de Contas.
Ana Pontón, na súa intervención hoxe no debate na Cámara galega adiantou que o Bloque Nacionalista Galego fará posible esa investigación. Así, acollerase ao regulamento do Parlamento que permite que aqueles grupos políticos que teñan, cando menos, un terzo dos deputados poidan crear comisións de investigación. Dos 75 asentos no hemiciclo do Pazo do Hórreo, 25 forman parte do grupo parlamentario do Bloque.
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
Luis López propone celebrar una reunión la próxima semana - Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
El accidente obligó a cortar el carril izquierdo en sentido Tui a la altura del kilómetro 160 - Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
También identificaron un sargo común (Diplodus sargus) capturado en enero de 2026 en la bahía de Baiona, que mostraba una anomalía pigmentaria mixta
Pide ao PP que vote a favor
“Os galegos e as galegas teñen a miña palabra de que haberá comisión de investigación porque imos usar a forza dos votos que nos deron 25 escanos para investigar os contratos millonarios que favorecen a familiares e empresas amigas do PP, incluíndo ás que afectan ao señor Feijóo”, subliñou Ana Pontón.
«Imos investigar por que pagamos un sobrecusto multimillonario polo hospital de Vigo «Álvaro Cunqueiro, e imos investigar os contratos de emerxencia durante a pandemia”, enfadiu a líder dos nacionalistas que convidou ao PP a votar a favor da comisión de investigación, «se non ten nada que esconder».
Neste sentido, Pontón foi terminante: «se responden cun veto será unha declaración de responsabilidade» e advertiu, «esta vez o final non o vai escribir o Partido Popular”.
