A Escola Oficial de Idiomas de Vigo, xunto coa súa extensión en Coia e as seccións en Cangas, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui, anuncia que segue aberta a matrícula para o curso 2024-2025 ata o venres, 20 de setembro ás 14:00. As clases comezan este mércores, día 11.
9 idiomas
Así, conta cunha ampla oferta de 9 linguas —alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés— a EOI de Vigo proporciona diversas opcións formativas tanto para quen desexa obter unha certificación oficial como para quen prefira aprender sen a presión dos exames.
Ademais dos cursos presenciais, que permiten o acceso a exames de certificación, a escola ofrece tamén cursos monográficos, ideais para quen quere perfeccionar os seus coñecementos dunha lingua sen exames. Debido á súa popularidade entre o alumnado, incrementáronse as clases destes con monográficos de alemán, chinés, francés, inglés, italiano e xaponés.
Cursos semipresenciais, aula virtual
Doutra banda, para aquelas persoas que non poden asistir presencialmente dúas veces a semana, aumenta a oferta de cursos semipresenciais. Nestes cursos, o alumnado asiste a unha clase presencial de dúas horas cada semana e completa tarefas semanais na aula virtual, «así proporcionamos unha maior flexibilidade para conciliar o estudo coa vida persoal ou profesional», indican dende a Escola. Como novidade este ano, incorpórase italiano semipresencial.
Con esta variedade de opcións, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo segue a ser un referente no ensino de idiomas e ofrece a oportunidade de aprender novas linguas nun ambiente adaptado ás necesidades de cada estudante.
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
Luis López propone celebrar una reunión la próxima semana - Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
El accidente obligó a cortar el carril izquierdo en sentido Tui a la altura del kilómetro 160 - Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
También identificaron un sargo común (Diplodus sargus) capturado en enero de 2026 en la bahía de Baiona, que mostraba una anomalía pigmentaria mixta
Teatro, obradoiros ou clubs de lectura
Así mesmo, a escola segue expandindo a súa actividade máis aló da docencia cun coro, grupo de teatro, obradoiros, clubs de lectura e actividades diversas: como a organización dunha Xornada de Formación para Profesorado de Linguas Estranxeiras en colaboración coa Universidade de Vigo que terá lugar o 4 de outubro.
Para máis información e matrícula
Se precisas máis información,podes visitar a web www.eoidevigo.org para matricularte en liña, achégarte ao centro- na rúa Martínez Garrido, 17-ou contactar co seu teléfono o 986 260 261. Tamén conta cun enderezo electrónico: [email protected].
