Cultura

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo mantén a matrícula aberta ata o día 20 deste mes

Conta cunha oferta de 9 linguas e a posibilidade de acudir a cursos semipresenciais

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo mantén a matrícula aberta ata o día 20 deste mes

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo, xunto coa súa extensión en Coia e as seccións en Cangas, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui, anuncia que segue aberta a matrícula para o curso 2024-2025 ata o venres, 20 de setembro ás 14:00. As clases comezan este mércores, día 11.

9 idiomas

Así, conta cunha ampla oferta de 9 linguas —alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés— a EOI de Vigo proporciona diversas opcións formativas tanto para quen desexa obter unha certificación oficial como para quen prefira aprender sen a presión dos exames.

Ademais dos cursos presenciais, que permiten o acceso a exames de certificación, a escola ofrece tamén cursos monográficos, ideais para quen quere perfeccionar os seus coñecementos dunha lingua sen exames. Debido á súa popularidade entre o alumnado, incrementáronse as clases destes con monográficos de alemán, chinés, francés, inglés, italiano e xaponés.

Cursos semipresenciais, aula virtual

Doutra banda, para aquelas persoas que non poden asistir presencialmente dúas veces a semana, aumenta a oferta de cursos semipresenciais. Nestes cursos, o alumnado asiste a unha clase presencial de dúas horas cada semana e completa tarefas semanais na aula virtual, «así proporcionamos unha maior flexibilidade para conciliar o estudo coa vida persoal ou profesional», indican dende a Escola. Como novidade este ano, incorpórase italiano semipresencial.

Con esta variedade de opcións, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo segue a ser un referente no ensino de idiomas e ofrece a oportunidade de aprender novas linguas nun ambiente adaptado ás necesidades de cada estudante.


Tamén en vigoalminuto


Teatro, obradoiros ou clubs de lectura

Así mesmo, a escola segue expandindo a súa actividade máis aló da docencia cun coro, grupo de teatro, obradoiros, clubs de lectura e actividades diversas: como a organización dunha Xornada de Formación para Profesorado de Linguas Estranxeiras en colaboración coa Universidade de Vigo que terá lugar o 4 de outubro.

Para máis información e matrícula

Se precisas máis información,podes visitar a web www.eoidevigo.org para matricularte en liña, achégarte ao centro- na rúa Martínez Garrido, 17-ou contactar co seu teléfono o 986 260 261. Tamén conta cun enderezo electrónico: [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.