Así é. O Porriño acolle esta fin de semana a XXX edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que terá lugar no centro urbano da vila, na zona peonil da rúa Ramón González. O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar este venres 6 e o sábado 7 de setembro en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas.
Nesta edición haberá un total de 23 postos con diferentes productos e sectores e grandes descontos: moda e calzado para toda a familia, complementos, mercería, corsetería, moda para o fogar, teas, productos de limpeza, productos de visión, productos de almacenamiento de alimentos, deporte e churros.
Tamén en vigoalminuto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotasUtilizaban dicha documentación para hacerse pasar por el titular y poder trabajar
- Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que participan en competición estatalPreto de 30 equipos de Vigo recibirán máis de 300.000€
- ‘Volcán islandés de nombre impronunciable’, la nueva novela del vigués Iago MéndezYa a la venta
Entretemento para a cativada
Como xa é habitual, na praza do Arquitecto Antonio Palacios instalaranse inchables para que os/as pequenos/as da casa disfruten tamén da Feira de Oportunidades do Porriño. Os inchables estarán dispoñibles de 11:00 a 14:00h o venres e de 16:00 a 19:00h o venres e o sábado. O sábado pola mañá de 11:30 a 13:30h haberá obradoiros infantís impartidos por SuperSugar e Hypatia.
Concertos na rúa
Coincidindo coa programación das Festas do Cristo, este venres ás 20:00h terá lugar o espectáculo de narración oral e música Trailalareira, con Vero Rilo e Santi Cribeiro. O sábado, Kedirán amenizará a rúa cunha sesión vermú a partir das 12.30h. E xa cara ás 20:00h, DoRoxo Presbiçian quentará o ambente da praza.
Liga Nacional do Grafiti
Tamén esta fin de semana chega ao Porriño a Liga Nacional do Grafiti, competición na que 10 dos mellores artistas de España realizan as súas obras de arte nun percorrido por varias cidades da península.
Nauni69, Dridali, Jacobo Palos, Amek Uno, Rudiart, Konestilo, Badi Coloreando, Décima PNS, Jota e Hide2 deixarán a súa pegada no Porriño a golpe de spray. Serán xornadas emocionantes, enfocadas na creatividade e a expresión artística, nas que os participantes ademais de demostrar as súas habilidades e talento, farán disfrutar ao público que pode seguir en directo a elaboración dos murais. “Coa celebración de eventos culturais como o a Liga Nacional do Grafiti queremos motivar á nosa mocidade cara a formas de expresión máis evolucionadas, lonxe do grafiti ilegal”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O evento, enmarcado na programación das Festas do Cristo 2024, celebrarase hoxe venres, día 6, e o sábado, 7 de setembro na rúa Leandro Diz. DJ Susto, do grupo Maislume, pinchará durante toda a xornada do sábado e pola tarde, ás 19 h, actuará o guitarrista e cantautor Óscar el Norteño.
Ademais, ás 12:00 h do sábado impartirase tamén un obradoiro de grafiti para a cativada e mocidade. Non é preciso anotarse (hai un máximo de 25 prazas que se cubrirán por orde de chegada).
Restricións de tráfico
Pero, ollo, se ves a Porriño ten en conta que este evento conlevará algunhas restricións de tráfico para garantir a seguridade dos participantes e do público. Así, hoxe e mañá, durante todo o día, cortarase o carril esquerdo da rúa Leandro Diz, sentido hacia o paso a nivel, desde a intersección da rúa Xogo da Ola ata a rúa Cando. Estará prohibido estacionar na marxe dereita no mesmo treito.