Comarcas

1,6 millóns de euros do ‘Plan +Aqua’ para 173 comunidades de usuarios de augas de 43 concellos da provincia

Para gastos de mellora da calidade, potabilización ou abastecemento

1,6 millóns de euros do 'Plan +Aqua' para 173 comunidades de usuarios de augas de 43 concellos da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou o reparto de 1,6 millóns de euros entre 173 comunidades de usuarios de augas de 43 concellos da provincia para que poidan sufragar gastos destinados a mellorar a calidade da auga e o estado das instalacións de captación, potabilización, abastecemento e almacenamento de augas de consumo.

Ampliado 6 meses o prazo de execución e xustificación

Ademais, o goberno provincial aprobou ampliar o prazo de execución e xustificación das obras en 6 meses desde a concesión, é dicir, ata o 6 de marzo. “Tiñamos unha débeda coas comunidades de augas, que desenvolven un papel imprescindible nos espazos máis afectados pola desigualdade territorial
–asegurou o presidente provincial– e, desta maneira, reafirmamos o noso firme compromiso con elas”
, sinalou o presidente.

“A Deputación acertou na súa aposta de apoiar o tecido veciñal e comunitario a través deste plan, o +Aqua, para as comunidades de usuarios de augas, e do Provincia Comunitaria, para as asociacións veciñais”, asegurou Luis López ao referirse a estas iniciativas.

O presidente do organismo provincial engadiu que «sentímonos abrumados polasexpectativas e a acollida destes plans, proba de que existía unha necesidade real e crecente de apoioa estes colectivos que realizan un labor tan importante”.

264 solicitudes

Así, a Deputación recibiu un total de 264 solicitudes, das que 208 cumprían os requisitos previstos nas bases para recibir as axudas, sendo excluídas 56 por diferentes razóns, como non presentar a memoria correspondente ou non acadar a solicitude o orzamento mínimo. Das 208 que cumpren os requisitos, 172 reciben 10.000 €, o importe máximo, mentres que a última, ata chegar ás 173, recibe só 3.000 € ao esgotarse o crédito dispoñible. O resto das aprobadas (35) pasan a formar parte dunha lista de agarda.

Un total de 43 concellos

Cos recursos do +Aqua, as comunidades de auga poderán realizar melloras no control e calidade da auga, actuacións de eficiencia ou de rehabilitación, construción de redes, impermeabilización de depósitos ou instalación de pozos e canalizacións, entre outras actuacións. En concreto, benefícianse das axudas do +Aqua comunidades de usuarios de augas destes 43 concellos: A Cañiza,A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Caldas de Reis, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Fornelos de Montes, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.