Segundo un estudo encargado pola Xunta, o custo da transferencia da AP-9 a Galicia sería de 526 millóns de euros e o seu recate oscilaría entre 1.612 e 2.355 millóns. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o xefe de Proxectos da consultora Eptisa, Marcos Maderuelo, deu conta hoxe dos resultados deste estudo que o Goberno galego encargara en xuño a «unha empresa experta e independente».
Así, nunha «análise pormenorizada» determina que ese sería o «custo real do traspaso» da autoestrada que, lembrou a conselleira «é unha reivindicación reiterada desde o ano 2009″.
Dúas posibilidades
Como detallou a conselleira, o informe hoxe presentado contempla dous escenarios, en primeiro lugar a transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia O cambio de titularidade en si mesmo non tería custo, pero si os incrementos de bonificacións que se prevén no texto da proposición de Lei que se tramita no Congreso, que suporían un gasto de algo máis de 526 millóns de euros, adicional ás bonificacións vixentes.
O segundo escenario que avalía o estudo é o rescate e, en consecuencia, a gratuidade, cuxo custo se estima nunha oscilación entre os 1.612 e os 2.355 millóns de euros. Fai dous meses, o ministro de Transportes, Óscar Puente, cifraba o rescate e a transferencia da autoestrada en 6.000 millóns e lembraba que en 2017, no Congreso dos Deputados, o Partido Popular votara en contra de traspasar a AP-9 a Galicia.
E ademáis en vigoalminuto
- Más de 400 viviendas rehabilitadas en Vigo con fondos europeos en plena polémica por la falta de vivienda nueva
- O ex alcalde Javier Bas esixe actuacións urxentes na N-552 ao seu paso por Chapela
- O Porriño busca talento el 19 de mayo: entrevistas en directo y opción de conseguir trabajo
- 71 persoas feridas en 55 accidentes de tráfico en Galicia durante a ponte do 1 de Maio
- Arte&Danza conquista el Vigo Porté 2026 con “Negra Sombra” en una final llena de emoción
Catro votos unánimes no Parlamento de Galicia
Así, María M. Allegue subliñou que a Xunta segue defendendo esta transferencia, cuxa proposición de Lei foi aprobada polo Parlamento galego ata en catro ocasións e por unanimidade. Cómpre lembrar que o Congreso dos Deputados tamén admitiu en xuño, por terceira vez, o debate para materializar este traspaso.
A responsable de Infraestruturas fixo fincapé en que o Goberno galego continuará exixindo que se cumpran os compromisos do PSOE e do BNG, que prometeron en campaña das eleccións autonómicas a gratuidade na AP-9 e tamén na AP-53 entre Santiago e Lalín.
