Galicia

Galicia foi en xullo o primeiro destino turístico do norte peninsular

A provincia de Pontevedra acolleu ao 40% de todos os visitantes que chegaron á Comunidade

O pasado mes de xullo, Galicia situouse como o destino máis importante do norte peninsular e o sétimo do Estado, por detrás de Cataluña, Baleares, Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid.

Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística que constatan que -ao igual que sucedera en maio e xuño- a Comunidade destacou en volume de noites nos establecementos de aloxamento.

Máis de 2 millóns de noites

En concreto, na totalidade os establecementos de aloxamento acolleron 900.000 persoas que fixeron máis de 2 millóns de noites. Galicia mantense por terceiro ano consecutivo por riba das dúas millóns de noites e supera os niveis prepandemia en pernoitacións.

No mes de xullo, o 62% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro –cun 50% para os hoteis e 12% para as pensións- mentres que o 38% restante fica no aloxamento extrahoteleiro, especialmente nos campings, que absorberon o 18% do total, fronte as restantes tipoloxías que representan o 7% no caso dos apartamentos turísticos, o 3% os aloxamentos de turismo rural e o 10% os albergues.

E ademáis en vigoalminuto

Turitas estranxeiros

O turismo internacional amosa un comportamento positivo xeneralizado, superando o volume de noites do pasado ano en todas as modalidades agás nos albergues. Os incrementos danse nos hoteis (5,3%), pensións (3,1%) e cámpings (1,9%) e notables nos apartamentos turísticos (13,4%) e no segmento de turismo rural (11,6%).

Preto de 3,9 millons de viaxeiros aloxados

De xeito acumulado, nos primeiros sete meses deste ano Galicia rexistrou preto de 3,9 millóns de viaxeiros aloxados que fixeron 7 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico, o que supón incrementos de 2,2% e 0,2% respectivamente. É por tanto o segundo ano consecutivo no que as noites dos primeiros sete meses se achega á barreira dos sete millóns de noites.

A provincia de Pontevedra acolleu o 40% de todo o turismo de Galicia

Pola súa banda, o presidente da Deputación analizou, na súa rolda de prensa de hoxe, a evolución do turismo na provincia no que levamos de verán.

Luis López apuntou que a información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que reflicte que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo deste ano preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia. “Dito doutro xeito, dous de cada cinco visitantes que se achegaron á nosa comunidade viñeron a Pontevedra a vivir e gozar das experiencias 100% Rías Baixas, remarcou.

O presidente provincial tamén detallou que o 74% dos turistas residían en España fronte ao 26% de
estranxeiros
que viñeron en xullo. Ademais subliñou que, segundo o INE, o mes de xullo tivo unha
ocupación superior ao mesmo período do 2023, cun 2,2% de incremento
.

“Entendemos –remarcou Luis Lopez– que en agosto seguirase a mesma liña ou mesmo os resultados serán superiores, pero temos que esperar a finais de setembro para coñecer os datos definitivos que nos remite o INE”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.