A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) agarda que máis de 630.000 vehículos circulen polas estradas galegas os vindeiros días, coincidindo coa ‘Operación Retorno’ do verán. A gran maioría deles, preto de 225.000 rodarán pola provincia de Pontevedra; ao redor de 190.000 pola de A Coruña; 120.000 pola de Ourense e algo menos de 100.000 pola de Lugo.
O dispositivo previsto para regular e vixiar este regreso das vacacións comezará ás 15:00 horas deste venres, día 30, e rematará ás 23:59h. do domingo, 1 de setembro.
Venres e domingo, días de máis tráfico
A previsión é que as primeiras horas da tarde do venres -dende as 16:00h.– o tráfico sexa máis intenso, o mesmo que o domingo pola mañá, especialmente as vías de acceso á costa, praias e concellos litorais e, logo, desde as 16:00 ás 23:00h. cando aqueles que rematan a fin de semana regresan a casa.
Así, a intensidade da circulación será maior nas estradas que saen de zonas turísticas cara a grandes cidades. Ao mesmo tempo, tamén agárdase máis movemento nos pasos fronteirizos que comunican con Portugal.
En calquera caso, dende a DXT piden prudencia e respecto das normas. Así mesmo, recomendan planificar as viaxes, evitar as horas punta e informarse sobre o estado do tráfico entrando na súa web ou chamando ao teléfono 011.
Vixilancia
Como nas distintas operacións ao longo deste verán, Tráfico ten previsto un dispositivo de vixilancia en toda a rede de estradas, con especial atención á VG-4, AP-9, AP-55, AP-52 e vías de praias como, PO-308 (Sanxenxo) e a PO-552 (zona Baiona).
Actuación
Do mesmo xeito, a actuación durante estes días estará centrada en cinco puntos:
- Máis visibilidade das patrullas nas vías de alta capacidade.
- Controis de velocidade en modo dinámico. Radares en marcha en coches camuflados en autovías e autoestradas e con vehículos rotulados en estradas convencionais.
- Vehículos camuflados para vixiar as distraccións ao volante como uso de móbiles, pantallas táctiles e cintos de seguridade.
- Aumento dos controis de alcohol y drogas.
- Actuación particular de control en estradas con moita afluencia de motocicletas.