Deportes

‘La Vuelta’ chega ás Rías Baixas

Os ciclistas descansan hoxe en Vigo e o martes disputan a 10ª etapa entre Ponteareas e Baiona

'La Vuelta' chega ás Rías Baixas

Xa está todo disposto para a chegada dos corredores de La Vuelta ás Rías Baixas. Este martes, día 27 disputarán a 10ª etapa entre Ponteareas e Baiona.

Como subliña o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López -entidade patrocinadora desta proba- o regreso de La Vuelta á provincia «consolida ás Rías Baixas como un destino turístico ligado ao deporte e que ten na súa riqueza natural e paisaxística un dos seus maiores atractivos«.

López, quen lembrou que tres etapas percorrerán Galicia entre o martes e o venres, día 30 de agosto, engade que “o helicóptero de La Vuelta é unha das mellores campañas turísticas para un territorio”, convencido de que as imaxes aéreas da provincia durante a celebración da décima etapa servirán para atraer máis visitantes e facer que “as Rías Baixas estean máis de moda”.

O pelotón chega a Vigo este luns…

Este mesmo luns está prevista a chegada do pelotón á provincia, cando os ciclistas fagan
en Vigo da primeira xornada de descanso
da carreira. Desde a cidade olívica, desprazaranse este martes á Ponteareas, punto de partida da décima etapa, unha proba de media montaña, de 160 quilómetros de percorrido e con meta en Baiona.

…e seguirá por toda a provincia

Os ciclistas pasarán polos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo para afrontar a primeira subida da xornada, a escalada ao alto de Fonfría, un porto de segunda categoría.

Logo continuarán cara A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra e Tui, onde comezarán a segunda escalada da etapa ao Alto de Vilachán, de terceira categoría. De alí, seguirán camiño de Tomiño e Oia, onde subirán o terceiro porto da etapa, o alto de Mabia, de segunda categoría. Acto seguido, chegará a escalada máis esixente da xornada, a subida ao Alto de Mougás, un porto de primeira categoría cunha ascensión de 10 quilómetros e un desnivel de 600 metros e unha pendente media do 6%.

Plan especial de tráfico en Baiona

Desde alí descenderán cara Baiona, onde estará instalada a meta moi preto do castelo de Monterreal e onde o Concello ten establecido xa un plan especial de tráfico. Deste xeito, haberrá un desvío da circulación pola AG-57, dende Rocamar e Sabarís e nas rúas polas que pasará o pelotón (Baixada as Fontes cara a Ponte de San Antón dirección Baredo, pasando a Parroquia de Baredo por Portelos e Cabreiro cara a Faro Silleiro, Estrada de Rocamar, Avda. Joselín, rúas Ramón y Cajal, Elduayen, Alférez Barreiro e Avda. Monterreal), quedando cortado o tráfico no centro de Baiona, onde estará situada a meta, dende as 07:00 horas ata as 19:00 horas deste martes, día 27.

O aparcamento nestas rúas estará xa regulado dende este luns para deixalo libre para o desenrolo da proba ciclista. As zonas afectadas son: entre a rotonda de Villa Rosa ata o estacionamento da cervexería Black Smith, quedando o acceso autorizado para residentes con garaxe.

No que ten que ver cos autobuses, a única parada afectada, e que quedará inhabilitada, será Baiona Porto, seguindo activas as paradas Baiona Centro Salud e a da Puga que pasará á gasolinera Monte Real, cos mesmos horarios- ainda que non quedan garantido o seu cumprimento debido ás rutas alternativas-.

Ademais, a parada de taxis da zona do porto pesquerio trasládase á rúa Brasil (Zona dos “Tendales”), dende as 15:00h.

Programa de actividades en Ponteareas

Así mesmo o Concello de Ponteareas pon en marcha un programa de actividades para todos os públicos das que poderán desfrutar as veciñas e veciños dende primeira hora deste martes.  Stands que promoven a reciclaxe, actos solidarios en favor de El Sueño de Vicky, sorteos e agasallos, ademais de homenaxe aos tres gañadores ponteareáns de La Vuelta para celebrar a saída da etapa ás 13:40 horas.

Estan son as propostas

  • Dende as 09:30h. almorzos saudables con Carrefour para todas as persoas que visiten o seu stand na rúa Rogelio Groba.
  • Ás 11:00h. entrega de camisetas de La Vuelta aos 150 primeiros nenos e nenas que se acheguen ao Concello.
  • Ás 11:30h. homenaxe aos tres gañadores ponteareáns de La Vuelta en control de sinaturas en rúa Rogelio Groba con sorteos e concurso.
  • Ás 11:40h. sae a caravana publicitaria de La Vuelta da saída na rúa Concha Brey polo percorrido da carreira.
  • Ás 12:00 horas na rúa Morales Hidalgo visita a Unidad de Movilidad y Seguridad Vial de la Guardia Civil.
  • Visita os estacionamentos de equipos nas rúas Ciclista Emilio Rodríguez e avenida Rosalía de Castro, e non te perdas o control de sinaturas dende as 12:20 horas.
  • Ás 13:30h. saída dos ciclistas dende a rúa Concha Brey rumbo á praza Bugallal, praza da Música, baixada por rúa Braña e Castelao rumbo a Mondariz.

Un magnífico lugar para o ciclismo

Para o presidente da Deputación, un coñecido afeccionado, “o ciclismo é un deporte que conta con moitos seguidores e na provincia temos excelentes ciclistas, moitísima afección e moitos clubes. Ademais temos un territorio magnifico para a práctica do ciclismo, cunhas etapas que se caracterizan sempre por ser rompepernas e para o espectáculo dos afeccionados é un aliciente”.

Luis López lembra que non é a primeira vez que o percorrido dunha das tres carreiras ciclistas máis importantes do mundo pasa pola provincia de Pontevedra. A última foi no ano 2021 coa celebración da penúltima e decisiva etapa da carreira entre Sanxenxo e Mos. Pero a máis recordada tivo lugar no ano 2013, ao acoller a etapa inaugural cunha memorable saída da contrarreloxo por equipos desde unha batea instalada no porto de Vilanova de Arousa.

Competicións de interese internacional

Finalmente, o presidente pon en valor a importancia que ten para a provincia acoller competicións
deportivas de interese xeral.
De feito, a Deputación ten aberto unha convocatoria de axudas para a
organización de eventos deportivos relacionados co turismo
. Unha «área estratéxica para goberno da
Deputación»
pola que Luis López agradeceu ao director da carreira o regreso de La Vuelta á provincia. Así mesmo, o presidente amosa a predisposición da Deputación para que as Rías Baixas sigan sendo escenario desta proba nas vindeiras edicións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.