Galicia

A Xunta prorroga por preto de 28 millóns de euros o contrato con Povisa ata finais de ano

Atende a 119.000 persoas da área viguesa

La joven viguesa quemada viva por su ex pareja, despierta tras casi un mes en coma

O Consello da Xunta autorizou prorrogar, «por razóns de interese público», e ata o vindeiro día 31 de decembro (ou data anterior no caso de que se adxudique antes desa data o novo contrato), o concerto asinado entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Povisa para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada na área de Vigo. Así, o Executivo galego destinará unha partida de 27.895.000 euros á extensión deste concerto.

Futura contratación

Nunha nota enviada aos medios de comunicación, a Consellería de Sanidade indica que o Servizo Galego de Saúde está a «ultimar a análise sobre cales son as necesidades asistencias que posúen actualmente a cidade e súa poboación, co ánimo de actualizar a carteira de servizos que se deben incluír na futura contratación».

Así, Sanidade «xa está a traballar na redacción dos novo pregos de contratación cos que se iniciará o novo procedemento».

Dende 2014

En setembro do ano 2014 a Xunta e Povisa asinaron un concerto para a prestación da asistencia sanitaria especializada aos beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde, e que así o elixiran.

119.000 persoas

Unha vez se acade a extensión máxima da prórroga vixente o vindeiro 31 de agosto, ambas as partes acordaron ampliar por un período de catro meses a extensión deste concerto, namentres se ultiman as cláusulas do novo procedemento.

Povisa presta na actualidade cobertura sanitaria a un total de 119.000 persoas que decidiron adscribir a súa tarxeta sanitaria a este centro privado. En concreto, atende as necesidades sanitarias desta poboación no que atinxe ás consultas médicas, a asistencia cirúrxica, a súa hospitalización, a realización de probas diagnósticas e terapéuticas, ou a atención de urxencias hospitalarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.