Comarcas

O festival ‘Atlantica Beach Party’, este jueves, gratis en Praia América

Os mellores DJ nacionais pincharán desde as 19:00 horas no aparcadoiro na que promete ser unha das grandes citas do verán

O Concello de Nigrán ofrece este xoves, día 18, desde as 19:00 horas en Praia América (zona do aparcadoiro) o festival gratuíto ‘Atlantica Beach Party’, un evento no que se darán cita os mellores DJ do Estado e que se estrea na programación municipal de verán.

Entre os cabezas de cartel destaca Barce, habitual nas salas de todo o país; Dj Tank (chegado directamente desde China e nunha das súas escasas citas en Europa), e outros reputados Dj como Groove Amigos, Dumore, Vince Stone, Ángel Vázquez ou Dmirón. Neste enclave espectacular haberá espazo para food-trucks.

«Será unha das citas máis potentes de DJ no sur de Galicia e con ela damos cabida a un tipo de público e de idade ao que xeralmente non se lles presta tanta atención nas programacións socioculturais», explican os responsábeis municipais que agardan unha asistencia multitudinaria a este festival consagrado á música electrónica e urbana.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.