Comarcas

Xa sabes… esta fin de semana se queres ver unha peli: monta aquí e pedalea

Chega a 3ª edición do festival ‘Cinema a Pedal’ con cine, concertos e sorteos : a enerxía para o proxector está xerada polo pedaleo do público

Iso é, chega o Cinema a Pedal este venres, día 12, sábado 13 e domingo 14 de xullo. É unha cita que, ademais de promover o cinema de calidade, fomenta o uso da bicicleta como medio de transporte.

Mais non só se trata dun festival temático polos seus contidos, senón tamén polos seus medios: a enerxía para o proxector e o son está xerada polo pedaleo nun dispositivo de 10 bicicletas que deben ser utilizadas polo propio público.

Programación

A programación completa do festival inclúe unha variada selección de películas e actividades paralelas como obradoiros, charlas e concertos, «deseñados para involucrar a todos os asistentes e propiciar unha experiencia cultural enriquecedora«.

VENRES 12 DE XULLO, NO ESTEIRO DA FOZ

  • 17.00h.- XOGANDO MIUDIÑO, espazo de xogos tradicionais para toda a familia.
  • 19.30h.- SESIÓN MÚSICO-POÉTICA, con Vanessa Glemsel e M.A Barreira.
  • 22:00h.- AS SOLISTAS, de Mehrnaz Abdollahina, Feben Elias Woldehawariat, Razahk Issaka, Celeste Jamneck, Yi Liu
  • 22:10h.- AS BICICLETAS SON PARA O VERÁN, de Jaime Chávarri

SÁBADO 13 DE XULLO, NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NIGRÁN

  • 12.00h.- AS BICICLETAS SI SON PARA GALICIA, presentación do libro de Catro Ventos Editora + petisco e viño de Paco & Lola. Participan Daniel Díaz Grandío, colaborador e experto en mobilidade, e Isidro Dozo, persoa socia de Catro Ventos Editora.

SÁBADO 13 DE XULLO NO ESTEIRO DA FOZ

  • 17.00h.- IOGA, clase de Ioga con Laudharana
  • 18.00h.- PAPER CINÉTICO. DO PAPEL AO CINEMA, fabricando un zoótropo xigante con Belén Veleiro
  • 19.15h.- AVENTURA PLÁSTICA, presentación do proxecto e fabricación de utensilios con materiais reciclados
  • 20.00h.- EL ÚLTIMO CICLISTA, concerto musical
  • 22.00h.- THE CYCLING WIND, de Nazanin Sobhan-Sarbandi
  • 22.10 h.-BARBARA, de Christian Petzold

DOMINGO 14 DE XULLO NO AUDITORIO DO CONCELLO

  • 18.00h.- BOLBORETA, de Maryam Khalilzadeh

Concertos

Ollo, a programación incluirá un concerto o venres e outro o sábado previos á proxección. Lembramos: ás 19:30 h. do venres día 12, M. A. Barreira ao son e Vanessa Glemsel á voz inquirirán a quen escoite sobre a memoria, a supervivencia e a incerteza do que virá, compoñendo así unha pequena peza músico-poética que se crava no espiñazo para non esquecer.

Por outra banda, o sábado 13, ás 20:00h dará inicio o concerto de El Último Ciclista, o proxecto musical de Gabrulo García, un montevideano adoptado por terras galegas. Co impulso da inmersión na creación durante as noites do ano pasado, saíu á luz Tomando este camino, un primeiro disco de doce cancións de corte indie-pop iberoamericano, dando pedal a esta aventura ciclista. As súas cancións deambulan entre o humor, a melancolía, o existencialismo e a fantasía. As harmonías e as letras simples son a clave da linguaxe utilizada para contar situacións de vida cotiás.

Sorteos e agasallos

Tanto o venres como o sábado, logo do remate das películas, realizarase un sorteo con varios agasallos proporcionados por empresas e establecementos coma os locais Ciclos Palacios e Asante Sana, Aventura Plástica de Gondomar, La Pedalería de Baiona, Paco&Lola de Meis, e Decathlon e C’alma Fruit de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.