Destacados Vigo al minuto

A Deputación da luz verde á compra do Cine Fraga

Costará 9,3 millóns, dos que a Xunta aportará o 51% e a Deputación o 49%

A Deputación da luz verde á compra do Cine Fraga

Logo de que o Consello da Xunta aprobara este martes o acordo para comprar, xunto coa Deputación de Pontevedra, o Cine Fraga, onte foi o goberno do organismo provincial o que deu o seu visto bo.

Como anunciaran logo do seu encontro o presidente da Xunta e o da Deputación, as dúas administracións decidiron a adquisición do histórico inmoble vigués para destinalo a usos culturais, a través dun convenio polo que o ente provincial achegará o 49 % e a Xunta o 51% dun investimento total que ascende a 9,3 millóns de euros.

“É un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”, afirmou Luis López, presidente da Deputación, engadindo que é un trámite administrativo necesario para facer realidade a transacción e conseguir a reapertura do inmoble, que «se convertirá nun centro cultural de referencia para a cidade, a provincia e o conxunto de Galicia».

Avaliación do seu estado, dos traballos de recuperación e elaboración dun plan de usos

Unha vez completada a compra, avaliarase o estado e as necesidades de actuación co obxecto elaborar
un proxecto que permita completar a restauración e reabrir este espazo de enorme simbolismo para Vigo.

Do mesmo xeito, traballarase cos axentes culturais para elaborar un plan de usos que faga do Cine Fraga a referencia cultural que sempre foi.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.