Comarcas

Rebaixas no Porriño en plenas festas de San Bieito

Querías máis motivos para ir a O Porriño?

Sempre hai motivos para darse unha volta polo Porriño…pero imos engadir outros dous: o primeiro deles son as ‘Rebaixas de Verán’. Sí: ata a o 16 de xullo as persoas que merquen ou consuman nos 114 establecementos membros da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), ademáis de descontos, terán a posibilidade de participar no sorteo de 3 tarxetas regalo Morea de 50€, 150 bolsas da compra 15 carros para a compra. A forma de participar é rexistrar o tiquet de compra na web de Morea: ccamorea.es.

Así, o mércores 17 de xullo terá lugar o sorteo ás 20:30 horas na sede de ACIPOR, e a listaxe cos premiados será publicada nas redes sociais de Morea, Facebook CCA Morea e Instagram cca_morea_acipor, para que poidan recoller os premios.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, que presentou a campaña xunto co director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, e coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, subliñou que o comercio do Porriño «goza de moi boa saúde e iso é en parte polo gran labor dos a das nosas comerciantes que ofrecen unha amplísima gama de produtos da mellor calidade e tamén pola resposta incondicional da veciñanza, que valora as vantaxes de mercar no seu pobo”, Lorenzo invitou, ademáis, a “aproveitar esta campaña e beneficiarse dos descontos propios das rebaixas e tamén dos moitos premios que poden gañar”.

San Bieito

O segundo motivo para ir estes días por Porriño é que celebra San Bieito, unha das súas festas patronais, os días 10, mércores, e 11,xoves.

A programación comezará o mércores a partir das 20.30h na praza de San Sebastián coas actuacións do Trio Azar e a Orquesta Capitol. De seguido, sobre a media noite, darase paso a música DJ co Mano de Santo DJ Festival, a gran novidade deste ano. A sesión DJ contará coa participación de Selecta, un dos productores clave da escea urbana nacional, Groove Amigos, e o un contra un -B2B- entre Samu Pexe e Pitty.

O xoves día 11, propio día de San Bieito, celebraranse as misas na Capela ás 9:00 e 10:00 h. A misa solemne as 12:00 h na Igrexa Santa María, coa participación da Coral da Escola Municipal de Música, seguida da Procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música. Ao finalizar, a Banda dará un concerto no barrio de San Bieito e terá lugar unha subasta benéfica para a AECC do Porriño.

Xa pola tarde, a partires das 19:30h, actuará a banda de gaitas Os Zoqueiros. Ás 20:00h terá lugar outra misa na igrexa de Santa María. E a velada continuará coa actuación ás 21:30h da Orquesta Tango para rematar co DJ Khris Guez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.