Comarcas

Salceda pon en marcha o programa ‘Axente Tutor’ para a protección da infancia

E a execución do Plan Nacional sobre Drogas

Salceda pon en marcha o programa 'Axente Tutor' para a protección da infancia

O Concello de Salceda de Caselas anuncia a súa adhesión ao programa Axente Tutor, un servizo especializado da Policía Local en colaboración coa Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a FEMP que ten como obxectivo fundamental a promoción do respecto aos dereitos da infancia.

Este programa céntrase especialmente na protección dos e das menores e na prevención de posibles riscos na contorna escolar. Trátase dunha iniciativa que se aprobou tanto o pasado xoves por unanimidade da corporación municipal,como polo Consello Escolar do IES Pedras Rubias.

Seguridade e benestar dos cativos

A incorporación ao programa Axente Tutor permitirá á Policía Local de Salceda desenvolver unha serie de actuacións específicas destinadas a garantir a seguridade e benestar dos nenos e nenas do noso municipio. Entre as funcións que desempeñarán os axentes tutores atópanse a mediación en conflitos escolares, a prevención do acoso escolar, a detección e intervención ante situacións de risco social ou familiar, e a promoción de hábitos de convivencia positiva e respeto entre o alumnado.

Unha contorna protectora

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, destaca a importancia desta iniciativa: «a adhesión ao programa Axente Tutor é un paso máis no noso compromiso coa infancia e a mocidade de Salceda. Queremos proporcionarlles unha contorna segura e protectora, onde poidan medrar e desenvolverse plenamente. Este programa reforza a nosa aposta pola prevención e pola educación en valores, garantindo que os nosos nenos e nenas teñan a axuda necesaria en caso de calquera dificultade”.

Por outra banda, a concelleira de Educación, Selene González, engade que «a colaboración entre a Policía Local, os centros educativos, as familias e os servizos sociais é esencial para o éxito deste programa. Estamos convencidas de que, traballando xuntas, podemos crear unha contorna máis segura e saudable para todos e toda a infancia e xuventude de Salceda».

Dous axentes

A dinámica deste proxecto tratará de promover o traballo en rede e establecer protocolos de actuación, así como xuntanzas periódicas para coordinar as intervencións entre o equipo educativo, os servizos sociais comunitarios e a Policía Local.

Salceda contará, nun inicio, con dous axentes que xa contan coa formación esixida para exercer ditas funcións, e que poderán actuar no centro de ser preciso grazas á aprobación en Pleno e no Consello Escolar desta iniciativa, requisito imprescindible para poder intervir.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.