Comarcas

En marcha a programación de ‘Guarda Diversa’

Coincidinco coa celebración do Día do Orgullo LGTBIQA+

En marcha a programación de 'Guarda Diversa'

A V edición da Guarda Diversa trae a este concello dúas propostas para sacar á rúa a realidade das persoas LGBTIQA+, «unha realidade tradicionalmente silenciada». Por unha banda, unha curta documental e, por outra, unha campaña informativa na vía pública, que se poderá seguir a modo de ruta educativa escaneando un código QR.

Día do Orgullo

O 28 de xuño, día do Orgullo, estrea, no Centro Cultural ás 21:00 horas, dunha curta documental na que participan 10 persoas guardesas do colectivo. Poderanse coñecer as vivencias, reflexións e demandas específicas de cada participante. A través da entrevista poderemos saber como foi no pasado e como é actualmente ser LGBT+ na Guarda.

Diversidade na rúa

Simultaneamente, poderase acceder a un percorrido por toda a vila: “Diversidade na rúa” que vai mostrando información significativa arredor de diferentes temáticas relacionadas co Orgullo e coas realidades das identidades disidentes. Este percorrido está dividido en dúas rutas: a ruta Vila – Marina (46 min) e a ruta Camposancos – Salcidos (2h 6min) e poderase participar delas a través dun código QR que atoparemos en cada instalación.

Mediante este percorrido poderase aprender sobre estereotipos, identidades de xénero e orientacións do desexo; sobre a orixe do Orgullo e a súa pegada en Galiza; sobre a saúde mental nas persoas LGBTIQA+; e sobre como as familias poden acompañar a esas crianzas que se están a sentir fóra da cisheteronorma. Hai información sobre espazos seguros aos que acudir, lexislación, referentes e desafíos que enfronta o colectivo, etc.

Cartaces

Os diferentes cartaces, repartidos por toda A Guarda, irán acompañados de pequenas instalacións que adornarán 15 puntos de interese nas tres parroquias e que chamarán a atención da poboación. É unha oportunidade perfecta para aprender de forma sinxela e divertida.

Esta campaña está liderada polo CIM  (Centro de Información á Muller) da Guarda, coa execución da cooperativa Outrora e a colaboración e financiamento da Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.