Cultura

Contacontos musical arredor de “XE”, en Vigo

Este xoves, na Biblioteca Neira Vilas

Este xoves, día 13 de xuño, celebrarase, ás 18:00h., enmarcado na programación do Orgullo LGBT+ de Vigo, na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, unha sesión contacontos musical arredor de «XE», de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel; organizada en colaboración coas asociacións Avante LGBT+ e Codimo.

«Xe», é un álbum de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser.

Xe

Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.

Unha identidade que fuxe dos mandatos ou expectativas sociais, e que abraza o propio sentimento individual. Xe é un exemplo de reivindicación e exposición da realidade das persoas intersexuais. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás. Un lugar no que xerar debate e facernos preguntas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.