Deportes

Vigo acollerá o vindeiro domingo a final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol masculino

No campo de Coia, ás 19:00h. entre o C.D Cultural Areas co Villalonga F.C.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de anunciar que Vigo acollerá o vindeiro domingo 16 de xuño a final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol masculino.

A cita, que enfrontará ao C.D Cultural Areas co Villalonga F.C. terá lugar no campo federativo de Coia a partir das 19:00 horas. Ambos os equipos clasificáronse para a final da Copa Federación despois de que o Villalonga F.C. superase ao Soutomaior por dous goles a cero e o C.D. Cultural Areas ao Valladares nos penaltis.

Un campionato recuperado

A Deputación de Pontevedra recuperou nesta temporada a tradicional e popular “Copa Deputación”, unha competición de grande popularidade entre o fútbol base e de categorías da provincia, tras uns anos de parón. Nela participaron tanto equipos masculinos como femininos da provincia adscritos ás delegacións de Pontevedra, Vigo e Santiago e inscritos nas distintas divisións da categoría afeccionados (masculinos) e sénior (femininos) de ámbito autonómico.

Final feminina

A final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino foi xa disputada a comezos de mes nun
partido que enfrontou ao Lóstrego de Gondomar co Viajes Interrías de Sanxenxo, tras superar nas
semifinais ao CD Valladares e ao Unión Guardesa. A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez entregou o
título ao Lóstrego de Gondomar, que se alzou coa vitoria ao vencer ao conxunto do Salnés.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.