Destacados Vigo al minuto

O BNG pide a comparecencia de Caballero ante novos indicios de ‘irregularidades’ co concerto de Guns N’ Roses

«As viguesas e vigueses merecen coñecer a verdade que o alcalde tenta ocultar»

O Bloque Nacionalista Galego pide a comparecencia de Abel Caballero diante dos «novos indicios de irregularidades» no concerto de Guns N’ Roses. Así, o Grupo municipal do BNG vén de solicitar formalmente que o alcalde xunto á concelleira de Contratación, Patricia Rodríguez, e o anterior edil de Festas, Pablo Estévez, dean explicacións na vindeira Comisión Informativa de Contratación do Concello de Vigo en relación ao frustrado patrocinio publicitario da actuación.

“Diante das novas informacións que achegan datos que acrecentan as sospeitas sobre a xestión presuntamente ilegal do Goberno municipal con este concerto, o BNG cremos que as viguesas e vigueses merecen coñecer a verdade que Caballero leva moito tempo tentando ocultar”, valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Dende o Bloque consideran que feitos “tan graves” como a existencia de comunicacións privadas sostidas no tempo entre o Goberno e a promotora -presuntamente para “amañar” o patrocinio de case 2 millóns de euros fóra do marco legal incluso durante a tramitación do “falso” concurso público– non poden quedar sen resposta por parte do alcalde.

Acceso ás comunicación coa promotora

Co mesmo obxectivo, Igrexas solicitou ademais acceso a todas as comunicacións por parte de membros do Goberno e dos diferentes servizos municipais coa promotora do concerto desde o mes de outubro de 2022. “Se o alcalde e o seu Goberno non teñen nada que ocultar, o que teñen que facer é comparecer e dar a cara”, subliñou.

O portavoz nacionalista asegurou que estas medidas en prol da transparencia son “imprescindíbeis por pura hixiene democrática diante dos “rotundos indicios sobre a actuación irregular” do Goberno local, máis alá das consecuencias xurídicas que se deriven do proceso contencioso aberto contra o Concello.

Precontrato?

Dende o Bloque lamentan que a día de hoxe continúe sen aclararse se a carta de interese feita pública polo BNG é legalmente un precontrato que obrigue ao Concello ao pago do patrocinio. “Do que ninguén ten dúbidas xa é de que foi Abel Caballero quen tomou a decisión de meter case 2 millóns de euros nos petos da promotora”, comenta Igrexas, asegurando que o Goberno municipal “só botou o freo de man no último momento cando xa eran evidentes as dúbidas e sospeitas de ilegalidade e pola resistencia dos propios servizos municipais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.