Comarcas

II Bailame Fest, en Ponteareas

Ademais de ‘Niño de Elche’, este sábado no Auditorio Mar de Vigo

II Bailame Fest, en Ponteareas

O grupo de baile moderno Metamorfosis, por segundo ano consecutivo, organiza o día 15 de xuño, as 20:30h na Feira Vella, en Ponteareas, o II Bailame Fest.

Este ano compartirán escenario co grupo de baile LDanza de Vigo, O Centro de Danza FlashDance de Cabral e  o grupo Diversity de Verín.

Niño de Elche

É case imposible seguir toda a actividade que desenvolve Niño de Elche, unha axenda sen case ocos que este ano ten unha cita marcada en vermello dentro da quinta edición do Festival TerraCeoEste sábado, día 8, ás 21.00 horas actuará no hall do Mar de Vigo debullando “Flamenco. Mausoleo de celebración, amor y muerte” cunha proposta medio electrónica, rockeiro flamenca e moito baile, que pasará a celebrarse no hall do Mar de Vigo por mor das inclemencias meteorolóxicas para esta fin de semana. A previsión anuncia unha actividade eléctrica e fortes ballóns entre a xornada do venres e do sábado.

Todos os detalles sobre a quinta edición de TerraCeo e a venda de entradas poden atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo www.auditoriomardevigo.com

Xuño na Ría da Estrela

Ademais, logo da gran aceptación da primeira edición, este ano repite a ‘Feira Náutica do Freixo’en Outes. Será os días 28, 29 e 30 de xuño. Trátase dun evento que xira ao redor de dous obxectivos principais: unha parte profesional, dirixida á visibilidade, promoción e volume de negocios profesionais e empresas vencelladas co sector e outra parte divulgativa, para dar a coñecer e promocionar o mesmo.

Doutra banda, Muros celebra as XIX Xornadas de cultura mariñeira ‘Muros mira ao mar’, do 5 ao 7 de xullo. Son uns días perfectos para coñecer o patrimonio material e inmaterial da cultura do mar. Tres xornadas de concursos, visitas guiadas, pasarúas, obras de teatro, talleres infantís, un mercado mariñeiro, degustacións gastronómicas, obradoiros e exposicións.

También te puede interesar