Cultura

Mocedades e Los Panchos, de ‘volta’ en Vigo, este domingo

Para celebrar os 50 anos do grupo español

Mocedades e Los Panchos, de 'volta' en Vigo, este domingo

Este domingo, día 26 ás 20:00h., o Auditorio Mar de Vigo converterase no epicentro da nostalxia e a emoción cando dúas lendas da música en español, Mocedades e o Trío Los Panchos, unan os seus talentos para ofrecer un concerto que promete ser inesquecible. Ambas agrupacións, con décadas de historia e éxitos ás súas costas, preséntanse xuntos para celebrar o seu legado e compartir co público unha noite máxica chea de melodías que marcaron xeracións.

Mocedades

Orixinarios de Bilbao, xurdiron a finais dos anos sesenta grazas á visión e talento das irmás Uranga. No seo dunha familia numerosa e musical, as irmás, xunto con amigos próximos, fundaron o que se convertería no grupo vocal máis importante do mundo de fala hispana.

Desde os seus inicios, Mocedades lanzaron máis de 30 discos, manténdose relevantes na industria musical a través de colaboracións con artistas de renome mundial. Actualmente, continúan gravando os seus grandes éxitos baixo a produción de Jacobo Calderón, fillo do lendario Juan Carlos Calderón, quen foi unha figura clave na súa carreira.

Los Panchos

Son sinónimo de bolero e balada romántica. Fundado nos anos corenta, o trío foi un referente indiscutible do xénero, levando a súa música a todos os recunchos do mundo. Nesta ocasión, están representados por Rafael Basurto Lara, a súa última primeira voz, quen segue levando o legado do grupo coa mesma paixón e entrega que os seus predecesores.

Ocasión única

O concerto deste domingo non só será un repaso polos éxitos de ambas agrupacións, “senón unha celebración da música e o amor que souberon transmitir ao longo dos anos. Cancións como “Eres tú” e “Amor de mis amores” ecoarán no Auditorio Mar de Vigo, transportando ao público a épocas pasadas e evocando recordos entrañables.

Este espectáculo é unha oportunidade única para ver en vivo a dúas das agrupacións máis emblemáticas da música en español, cuxas cancións acompañaron a varias xeracións. A fusión dos seus estilos e a calidade das súas interpretacións farán deste concerto un evento irrepetible.

As entradas para celebrar os 50 anos de Mocedades e o Trío Los Panchos está á venda a través de www.teuticket.com.

También te puede interesar