Comarcas

O Porriño acomete melloras en varios centros culturais

«As melloras continuarán en todas as parroquias», adianta o alcalde

O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Vías e Obras está a desenvolver melloras en varios centros, co fin de acondicionar estas instalacións nas que se desenvolven moitas das actividades culturais, deportivas e recreativas das parroquias.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, xunto co concelleiro de Vías e Obras visitou dous deles na parroquia de Budiño , concretamente o do Mosteiro e  o da Cruz, onde se executaron melloras de acondicionamento e accesibilidade.

Traballos

No centro cultural do Mosteiro construíse un cuarto de baño adaptado, respondendo a unha antiga demanda da veciñanza xa que carecía deste servizo, ademais da mellora da pista deportiva. No caso do centro cultural da Cruz, pintouse o local interior e executouse a placa no teito do mesmo, colocando unha baranda de seguridade en todo o perímetro.

“As melloras nos centros culturais continuarán en todas as parroquias, xa que dende o Concello entendemos que é neles onde se concentra a vida social e lúdica das parroquias e debemos contribuír a que poidan facelo en boas condicións”; concluíu o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.