Destacados Vigo al minuto

O BNG leva ao Congreso e Senado o aumento urxente das frecuencias do tren Vigo-Santiago

“Mercar un billete estase a converter nunha odisea e unha carreira de obstáculos”

O BNG leva ao Congreso e Senado o aumento urxente das frecuencias do tren Vigo-Santiago

 O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar iniciativas de urxencia nas Cortes do Estado ante a falta de prazas na conexión ferroviaria do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago. Unha situación, sinalan os nacionalistas, que “se agrava co fechamento por obras do aeroporto de Vigo e a derivación dos vos ao de Santiago de Compostela (SCQ). Así mesmo, o BNG demanda ao Ministerio de Transportes e a RENFE que actúe con maior planificación e non de forma reactiva ante os problemas.

Grave insuficiencia de prazas

A falta de prazas na conexión do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. De facto, son frecuentes as queixas de usuarios e usuarias do ferrocarril na Galiza por ete motivo, ademáis de retrasos, incidencias, masificacións ou avarías.

“Son reiteradas as ocasións en que o BNG se ten dirixido ao Ministerio de Transporte para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches” sinala o deputado do BNG no Congreso. De facto, Néstor Rego lembra que todas as actuacións que a día de hoxe se están levando a cabo son debido ao acordo de investidura conseguido polo BNG e exemplifícao na recuperación a case 100% dos servizos ferroviarios que foron eliminados durante a pandemia.

Mais o Ministerio de Transportes, subliña Rego, sabe desde hai tempo que os servizos ferroviarios da conexión Vigo-Santiago están masificados e precisan de máis prazas e frecuencias debido á alta demanda existente. “O desequilibrio entre a oferta e a demanda é unha constante desde hai tempo e aínda non se abordou a pesar das reivindicacións das plataformas e asociacións de usuarios de tren” denuncia Rego.

Resposta inmediata ante o fechamento do aeroporto de Peinador

Esta situación estase a converter en máis caótica debido ás obras que se están a producir no aeroporto de Vigo e a derivación do tráfico aéreo ao aeroporto de Santiago de Compostela. Mercar un billete estase a converter nunha odisea e unha carreira de obstáculos. Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril” enfatiza a senadora do BNG.

Carme da Silva defende, tal e como rezan as iniciativas rexistradas polo BNG no Congreso e no Senado, unha planificación dos servizos ferroviarios e convida a entidade pública RENFE a non actuar de forma reactiva ante os problemas. “Deben incrementar as prazas e as frecuencias do Eixo Atlántico, así como os servizo de tren de largo recorrido a Madrid. Máis se cabe cando o aeroporto de Peinador de Vigo permaneza pechado” sentenza a senadora nacionalista.

También te puede interesar