Comarcas

Publicada a lista dos 3.966 rapaces que optarán ás 1.540 prazas nos ‘Campamentos da Lanzada’

Este mércores será o sorteo das mesmas

Publicada a lista dos 3.966 rapaces que optarán ás 1.540 prazas nos 'Campamentos da Lanzada'

O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica este martes a lista definitiva dos 3.966 rapeces admitidos para participar na edición 2024 dos ‘Campamentos da Lanzada’ –que podes consultar AQUÍ– Este mércores, día 15, a Deputación de Pontevedra celebrará o sorteo das 1.540 prazas disponibles no mesmo.

Unha vez se realice o sorteo, que terá lugar no Pazo provincial, o propio mércores publicarase no sitio web da Deputación a lista de menores que acadan praza en cada unha das once quendas convocadas nos “Campamentos A Lanzada”, complementadas cunha lista de agarda formada por 100 nenas e nenos para cada unha delas. As nais, pais ou titores legais recibirán un SMS coas claves para acceder e descargar os documentos de pago.

En caso de non se efectuar este, perderán o dereito á praza obtida e pasará a unha nena ou neno da lista de agarda seguindo a súa orde pero respectando a paridade.

Do 23 de xuño ao 7 de setembro

Como informamos en vigoalminuto, os campamentos celebraranse entre o 23 de xuño e o 7 de setembro e distribuiranse en 11 quendas, de 7 días de duración cada unha (de domingo a sábado).

Participarán mozas e mozos empadroados nalgúns dos concellos da provincia e nados entre os anos 2011 e 2016 (incluídos). Cada quenda estará composta por 140 nenos ata completar as 1.540 prazas ofertadas, das que 210 quedan reservadas para menores en situación ou risco de exclusión social.

No Centro de Vacacións da Lanzada os cativos poderán desfrutar dun variado programa de actividades entre as que destacan deportes alternativos (tiro con arco, orientación, carreira de obstáculos) ou na praia (bodyboard, snorkel ou xogos de praia); ademais de actividades circenses (malabares, clown ou equilibrios); coñecemento do medio; excursións a lugares como o Monte da Siradella ou a Illa de Ons; obradoiros, xogos ou veladas.

También te puede interesar