Galicia

En marcha a contratación urxente das ‘ambulancias de emerxencia’ da área de Vigo

Funcionará dende o 1 de xuño e por un período máximo de 9 meses

O Consello da Xunta abordou hoxe un informe sobre a tramitación de emerxencia para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente da área de Vigo.

Esta contratación terá unha duración de seis meses, coa posibilidade de prórroga por outros tres, tempo que a Consellería de Sanidade, a través do 061 Galicia, arranxará a convocatoria dun novo contrato do servizo por procedemento aberto. A medida é consecuencia do «abandono» das súas obrigas da actual concesionaria, denunciada reiteradamente polos sindicatos.

«Servizo esencial»

Dende a Xunta subliñan que o servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo (que comprende os concellos de Vigo, Cangas do Morrazo e Moaña) é un servizo esencial para a poboación que debe seguir a prestarse.

Desde o próximo día 1 de xuño

Así, o orzamento do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo recollido neste procedemento de emerxencia ascende a 2.901.952,48 euros, IVE exento. Está prevista a posible prórroga, por un período de 3 meses e cun importe de 1.380.169,82 euros. O contrato de emerxencia fixa a entrada en vigor para a prestación do servizo no 1 de xuño de 2024.

«Garante a continuidade e a calidade do servizo«

Deste xeito, desde a Consellería de Sanidade aseguran que, a través do 061 Galicia, quedará garantida a continuidade e a calidade da prestación do servizo de transporte sanitario urxente e con este procedemento de emerxencia, trátase de «axilizar a contratación» do mesmo coa maior brevidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.