Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas

Con concentraciones de especies bacterianas

Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas

Ecoloxistas en Acción denuncia que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas de auga de Mos. Así, tras o aviso dun vecio da zona, membros da ONG inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos”. 

A poucos metros de varios pozos de extracción das traídas

A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, “que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda”.

Confirmado polo laboratorio

Ante a alarma xerada por este verídico, ecoloxistas en Acción solicitou a un labarotario autorizado polo ministerio a recollida de mostras e posterior análese. Os resultados do laboratorio reflicten que “o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100; contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e  Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido”.

Á viste deste feito, Ecoloxistas en Acción ven de denunciar ante a Confederación Hidrográfica Miño – Sil o que a todas luces semella un vertido de fecais ilegal que está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido”. Tamén puxeron en coñecemento da situación á plataforma “A auga é vida que agrupa ás traídas afectadas e á propia Comunidade de Montes de Tameiga”. 

“O Celta coñece a existencia dos mananciais”

“O Celta coñece de sobra a existencia dos mananciais e captacións de auga das traídas nesta zona e aínda así está facendo un vertido continuado con alta carga de fecais que é unha ameaza para a saúde pública da veciñanza de varias parroquias de Mos. Isto é un delito ambiental, pero tamén un atentado contra a saúde pública que levaremos ante a xustiza, declara Elena Álvarez Antelo, enxeñeira forestal e voceira de Ecoloxistas en Acción.

También te puede interesar