Comarcas

Avanza a creación dunha gran zona verde no centro urbano do Porriño

Coa humanización da contorna do centro social

Avanza a creación dunha gran zona verde no centro urbano do Porriño

O Concello do Porriño deu hoxe un paso importante na humanización do seu centro urbano dotando de partida orzamentaria un dos proxectos urbanísticos de maior impacto: a humanización da contorna do centro social que condicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII.

A goberno municipal aprobou definitivamente a modificación orzamentaria que consigna a aportación municipal comprometida no convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para executar a primeira fase do proxecto. Concretamente 460.000 euros, o 33% do orzamento total.  Simultaneamente, o Concello está adquirir os terreos necesarios para levar a cabo estas obras.

Un grande espazo público

Este proxecto consiste na creación dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo está prevista a creación dun espazo contínuo, accesible e verde, no que se mellorará a comunicación peonil entre o centro urbano e a rúa Pío XII,; crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de novas especies arbóreas e buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque, ademais de executarse a renovación integral da zona de ocio infantil.

Ao mesmo tempo, na calzada de Pío XII renovaranse todas as redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde da contorna, reducirase o tráfico e a súa velocidade.

“Este novo espacio conectará o centro urbano e poñerá en valor esta céntrica zona, xerando novas oportunidade de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.