Galicia

Dende este luns podes consultar as listas de admitidos nas escolas infantís da Xunta

O curso 2024-2025 serán gratuíta para o 100% do alumnado

A Xunta de Galicia publicará este luns a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2024-2025, que se poderá consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade . A partir do martes día 7 de maio e a ata o luns 13 abrirase un período para presentar alegacións.

As listaxes definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, logo de facer o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.

Gratuidade

No curso 2024-2025 a atención educativa será gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante 8 horas ao día e 11 meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas adheridas ao programa de gratuidade.

Vigo: becas de libros, comedor e material escolar

Doutra banda, o Concello aprobou as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700€, cantidade á que hai que sumar os 600.000€ que recibe Foanpas.

Polo miúdo, o curso actual, o Concello de Vigo destinou 1.292.700€ ás axudas de comedor e 135.000€ a material escolar e libros. En total, concedéronse 4.000 bolsas de comedor na convocatoria en vigor cunha dotación de 45€ por beneficiario ao mes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.