Galicia

Demandan ao novo conselleiro de Sanidade unha solución pola falla de médicos en Teis

Polas tardes tería que haber 9 e só hai entre 3 e 4

Demandan ao novo conselleiro de Sanidade unha solución pola falla de médicos en Teis

Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito, o pasado 24 de abril, a Antonio Gómez Caamaño, o novo conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a “preocupación e indignación” dos veciños pola falta de persoal no centro de saúde, demandando solucións.

Unha terceira parte dos médicos que debería ter

Dende a asociación subliñan que o centro de saúde, que debería ter 9 médicos polas tardes só conta con entre 3 e 4, desde o pasado mes de novembro. “En decembro, trasladámoslle este situación por carta o anterior conselleiro pero, logo de 4 meses a situación do centro de saúde segue sen solucionarse”.

Un mes para facer unha análise de sangue

Está falta de persoal, sinalan dende a Asociación Veciñal, “provoca que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días ou que as urxencias sexan derivadas o PAC. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.”

Ademáis, “agora sabemos que un veciño solicitou no centro de saúde, o pasado 26 de abril unha análise de sangue e que teña cita para o 30 de maio, un mes despois. Algo que antes non acontecía.

Os responsábeis veciñais denuncian o “deterioro da atención sanitaria en Teis”, que non pode prolongarse no tempo, “como acontece xa noutros centros de saúde do noso país“. Así, subliñan que é prioritario ter unha sanidade pública de calidade, “e non imos aceptar recortes no persoal do centro de saúde”.

También te puede interesar