Comarcas

Continúa a ‘restauración ambiental’ do río Couso

Retomando os traballos realizados para recuperar o seu estado natural

Continúa a 'restauración ambiental' do río Couso

O Concello do Porriño e Verdegaia retoman os traballos realizados o ano pasado encamiñados a recuperar o estado natural do treito final do río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro.

Ao longo de tres xornadas: 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño, recollerase o lixo acumulado; eliminaranse algunhas especies invasoras e acompañarase o crecemento das arboriñas que plantaron durante o inverno.

Esta actividade procura tamén, ademais do impacto directo sobre o medio, visibilizar as intervencións de restauración de espazos naturais, que moitas veces se realizan en zonas afastadas e non se observan por parte do público. Programandoa nunha zona que moitas persoas de toda a comarca utilizan para pasear e facer deporte os participantes amosarán como a recuperación de espazos naturais moitas veces é posible contando simplemento co traballo voluntario e comunitario dos propios veciños.

Programación

A actividade constará de tres xornadas, todas elas en horario de 11 a 13h, os sábados 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño. Nas mesmas, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiranse luvas e ferramentas entre as persoas participantes para proceder á retirada do lixo e de especies invasoras que impiden o crecemento das especies autóctonas.

A inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do email [email protected] ou chamando ao teléfono 691 657 039. O punto de encontro será como sempre na rúa Leandro Diz, número 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.