Cultura

A danza sae á rúa

Este sábado 27 celebración do Día da Danza en catro barrios da cidade

A danza sae á rúa

A danza é unha parte importante da cultura e a historia. O 29 de abril de cada ano, a sexta arte celébrase a nivel mundial en diferentes urbes de maior ou menor tamaño. Así o decretou o Comité de Danza Internacional e o proclamou a UNESCO no ano 1982.

Desde hai uns anos, Vigo súmase a esta celebración, e o fai achegando o noso folclore á poboación. Así, a música e danza galegas amósanse simultáneamente en catro puntos da cidade, con dous grupos en cada un deles, como unha manera de dinamizar as rúas cun espectáculo en directo. Os participantes son grupos de baile tradicional locais que exhiben as súas pezas neste día tan sinalado.

Lugares e horarios

O acto principal terá lugar este sábado, día 27, ás 19:00 no Príncipe, fronte ao MARCO. Alí faráse lectura da mensaxe deste ano e bailarán os grupos de Corisco e O Fiadeiro. Ao mesmo tempo, na Praza do Emigrante das Travesas, actuarán Traspés e Queixumes, no Mercado de Teis Froles Novas e Valladares, e, na Rúa Peonil do Calvario, Freixo e O Coto.

O evento está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

También te puede interesar