Comarcas

As obras de mellora da estrada Mos-Puxeiros comezarán de xeito inminente

Contarán cun investimento de máis dun millón de euros

As obras de mellora da estrada Mos-Puxeiros comezarán de xeito inminente

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,reuniuse coa responsable de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación, María Isabel Couselo, para abordar diferentes temas e proxectos de interese para o municipio.

Entre eles atópanse a mellora da Estrada Provincial Puxeiros-Mos; a estrada Puxeiros-Peinador e a zona do Alto de Puxeiros nun tramo pertencente á estrada Mos-Puxeiros.

Mos-Puxeiros

Máis polo miúdo, trataron sobre a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros. Esta actuación, como subliñou a deputada, acometerase “xeito inminente”.

O proxecto atópase moi avanzado e o Concello de Mos, pola súa banda, está a ultimar termos relacionados cos terreos. “Avanza a bo ritmo e esperamos que poida facerse realizade canto antes, dando resposta ás necesidades e demandas dos veciños”, sinalou Nidia Arévalo.

Puxeiros-Peinador e Mos-Puxeiros

Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, a deputada provincial e a alcaldesa analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

También te puede interesar