Comarcas

National Geographic distingue ás Rías Baixas como destino gastronómico

Subliña o «fervedoiro de restaurantes exquisitos e experiencias de sabor»

A Deputación de Pontevedra suma outro recoñecemento á excelencia do destino Rías Baixas, desta volta directamente por parte do público final. Nava Castro, deputada de Turismo, acaba de recoller o galardón outorgado polos lectores da publicación Viajes National Geographic, que lle deron unha mención especial á provincia de Pontevedra na categoría de mellor destino gastronómico nos seus “Premios de los Lectores de Viajes National Geographic 2024”. A entrega tivo lugar no Club Allard (Madrid) tras tres semanas de votación en liña o pasado mes de febreiro.

«Combinación dos ricos mares, os verdes pastos e os fértiles viñedos»

Sobre o destino Rías Baixas, a revista destaca que “a combinación dos ricos mares, os verdes pastos e os
fértiles viñedos permitiron que esta rexión se convertera nun fervedoiro de restaurantes exquisitos, rutas
gastronómicas e experiencias co sabor como protagonista
. Ademais, Viajes National Geographic sinalou que o produto da provincia está sendo estimulado “cunha nova xeración de restauradores que potencian as receitas clásicas e exploran novas fronteiras”. A provincia de Pontevedra competía nesta categoría con Córdoba (que gañou o primeiro premio), Terres de l’Ebre, a Costa Guipuscoana e as Terras de Xaén.

Experiencia 100% Rías Baixas

A gastronomía é unha experiencia 100% Rías Baixas, un dos principais sinais de identidade da provincia de Pontevedra, tanto polos seus peixes e mariscos; como polas súas carnes; os produtos do campo; os queixos e mel ou os viños con recoñecemento internacional. Na provincia trabállanse produtos de cinco denominacións de orixe e outras once indicacións xeográficas protexidas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.