Sin sección

Este mércores ábrese a inscrición para participar nas “Rutas das Maceiras en Flor”

Dende as 09:00h. entrando na web de Turismo Rías Baixas

Este mércores ábrese a inscrición para participar nas “Rutas das Maceiras en Flor”

A Deputación de Pontevedra abre este mércores, día 17, a inscrición para participar nas “Rutas das Maceiras en Flor”. Serán, en total, catro percorridos que terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada (Rabiosa, Peroja, Ribela e Camino), concello líder na produción de mazá ecolóxica.

Todas as rutas comezarán visitando a plantación de Callobre e a sobreira de Valiñas, un exemplar duns 300 anos de antigüidade situado no Pazo de Valiñas, cunha altura aproximada de 22 metros e un dos máis importantes desta especie en toda Galicia. Ao finalizar a visita á plantación, será o momento de coñecer unha das catro sidrerías participantes, na que se poderá desfrutar, ademais, dunha cata degustación de produtos.

40 prazas por ruta

Cada unha das rutas contará con 40 prazas, é dicir, haberá un total de 160, que poderán reservarse no
formulario que estará habilitado na
web de Turismo Rías Baixas a partir deste mércores, 17 de abril, ás 09:00 horas.

Outorgaranse por estrito orde de inscrición e só se poderán solicitar un máximo de 4 prazas por reserva. As visitas inclúen, ademais, o traslado en autobús desde Pontevedra (con saída e chegada desde a capela de San Roque), pero as persoas que o desexen tamén se poderán desprazar pola súa conta ata o punto de encontro.

También te puede interesar