Comarcas

O Concello do Porriño baixa o período de pago a proveedores de 500 días a menos de 43

E reduce a morosidade nun 91%

O Concello do Porriño baixa o período de pago a proveedores de 500 días a menos de 43

O Concello do Porriño pechou o ano pasado cun período medio de pago de 42,81 días tal e como reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda no último trimestre do exercizo económico do 2023 que recolle o periodo medio de pago a provedores (PMP) das entidades locais.

Así, en dous anos e medio o tempo de espera para cobrar baixou en 458 días -de 500 a 42,81-, reducindo porcentaxe de morosidade no pago a provedores nun 91 %.  A máis baixa de toda a serie histórica.

Máis de 6 millóns de euros

Este balance amosa, ademaís, unha ratio de operacións pagadas de 44,3 días mentres a ratio de operacións pendentes de pago se sitúa en 26,80 días. O importe de pagos realizados no último cuatrimestre supera os 6 M de euros fronte aos 573.000 pendentes.

“O periodo medio de pago a provedores é un dos principais medidores da saúde financieira dun Concello, ademais dun indicador de solvencia e credibilidade”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo. Neste sentido subliña que as contas do Concello do Porriño gozan de boa saúde unha vez tramitado o pago das facturas atrasadas de 2017 a 2020, tras un proceso de fiscalización, depuración e revisión, que lastraban estes datos ao inicio de ano. Moitas delas foron devoltas por non cumplir cos requisitos de contratación pública ou estar duplicadas.

Máis aforro

Os datos económicos actuais tradúcense nunha vantaxe competitiva para o Concello que lle permite un maior aforro e seguir sendo o concello de toda a provincia que ten a menor presión fiscal sobre a veciñanza. “Seguimos traballando para que continúe baixando o tempo que tardan en cobrar os nosos provedores e estabilizar un contexto económico que promova o desenvolvemento do Porriño”, conclúe o alcalde.

También te puede interesar