Galicia

As familias poden solicitar praza nas escolas infantís de Galicia, ata o vindeiro 5 de abril

Mira como facelo

As familias poden solicitar praza nas escolas infantís de Galicia, ata o vindeiro 5 de abril

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro venres, 5 de abril, o prazo para solicitar praza nas súas escolas infantís de cara ao vindeiro curso 2024-2025.

En total, ofértanse preto de 10.500 prazas de 0 a 3 anos distribuídas entre os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais (Agass) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar . O novo curso comezará o vindeiro día 6 de setembro.

Solicitudes

Así, as solicitudes poderán remitirse de xeito electrónico a través da sede da Xunta ou acudindo de xeito presencial a calquera dos rexistros oficiais. Este ano, como novidade, as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas. Desta forma, terán máis facilidades para atender ás súas necesidades de conciliación.

Ademáis, o vindeiro curso será o terceiro no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos
os nenos e en todas as escolas infantís
de Galicia. En conxunto, se poden beneficiar unhas 32.000 familias e para as que esta medida supón un aforro medio de 3.000€ por curso.

Escolas infantís municipais de Vigo

Así mesmo, desde o pasado día 25 e ata o 12 de abril, está aberto o prazo de matrícula para as familias que manden aos seus cativos de 0-3 anos por primeira vez a unha das 9 Escolas Infantís Municipais de Vigo (Atalaia-Tes; Bembrive; Bouzas; Costeira-Saiáns; Mestres Goldar-Castrelos; Navia; Santa Cristina-Lavadores; Santa Marta-Praza da Industria e Tomás Alonso)- para el próximo curso.

Todas son gratuitas xa que o Concello asume os custos: desde a matrícula ao servizo de comedor, apoio a escolares, atención educativa, orientación e gabinete psicopedagóxico.

Premendo AQUÍ, podes acceder a toda a información: oferta de prazas de cada unha das escolas; de cada una de las escuelas; quendas de mañá e tarde; calendario escolar; prazos; formalización de matrícula ou documentación esixida.

También te puede interesar