Comarcas

O ‘Plan Xuventude’ da Deputación incluirá axudas para renovar locais da mocidade e actividades no rural

Segundo anunciou hoxe o presidente, Luis López

O 'Plan Xuventude' da Deputación incluirá axudas para renovar locais da mocidade e actividades no rural

A Deputación de Pontevedra está a avanzar na posta en marcha do I Plan Estratéxico Provincial de Xuventude, o “eixo de acción das políticas públicas que vai desenvolver a institución provincial centradas na mocidade nos vindeiros anos”.

Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, en rolda de prensa, ao tempo que lembrou que é un plan que se basea en “tender pontes e na escoita activa de todos os sector implicados: os concellos, a Xunta de Galicia, a mocidade e as asociacións xuvenís e internamente cos servizos da Deputación.

Convocatorias

Ademais, o presidente provincial deu a coñecer as convocatorias impulsadas pola Deputación cara a mocidade, así como para a intención do goberno provincial de constituír o Consello Provincial de
Xuventude.

Desta maneira, o novo servizo de Xuventude da Deputación ten en marcha numerosas iniciativas dirixidas á mocidade da provincia como +Xuventude; o Campamento da Lanzada; os Premios Provinciais á Xuventude ou o Ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos. Tamén está previsto que nos próximos días se publique a nova liña de axudas “O teu espazo xuvenil”, que cun orzamento de 100.000€ van dirixidas a dotar os locais xuvenís dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Axudas, programas e accións diversas

Ademais estase a tramitar o programa “Vive o rural”, unha liña de axudas dotada con 30.000 euros para
financiar actividades medioambientais promovidas por ANPAS e Centros Educativos Públicos en granxas escolas da provincia. E o servizo ten en marcha o redeseño dun apartado propio na web da Deputación para dar resposta á xuventude e ao persoal técnico dos concellos, con información relativa a programas, axudas e espazos destinados á xuventude na provincia, dando a coñecer dende as accións lideradas pola Deputación, ata axudas, infraestruturas ou actividades para a xuventude que promoven os concellos ou a Xunta de Galicia.

Encontro Provincial de Xuventude

Luis López tamén anunciou que está prevista a organización dun Encontro Provincial de Xuventude e de
mesas de traballo e xornadas técnicas de formación cos concellos. Esta iniciativa acométese tras ter detectada na primeira xuntanza celebrada na Deputación dunha demanda de formación e cooperación para poñer en común experiencias e propostas.

También te puede interesar