Sin sección

Dende o xoves, pódese consultar o PXOM de Redondela, na Oficina de Turismo

Durante un período de 3 meses, que tamén é o prazo de alegacións

Dende o xoves, pódese consultar o PXOM de Redondela, na Oficina de Turismo

O Concello de Redondela abre o próximo xoves día 21 a exposición pública e o período de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. A cidadanía contará, así, con todos os medios para coñecer o plan facer as súas alegacións. O prazo de exposición e alegacións que establece a normativa é de 2 meses, pero o Concello decidiu amplialo ata os 3.

Durante os tres meses deste período de alegacións a cidadanía terá á súa disposición aos técnicos nas dependencias municipais para explicarlles todo o relativo ao planeamento urbanístico e asesoralos. Este servizo estará dispoñible desde o 21 todos os días de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños.

Para facilitar o acceso da veciñanza a toda esta información o Concello contratou tamén o servizo dun visor dixital ao que poderán acceder na páxina web do Concello, tanto desde as súas casas como acudindo á oficina de información do PXOM. Dun xeito cómodo os veciños e veciñas poderán buscar a través deste visor as súas parcelas, ademáis, na páxina do Concello inclúese un vídeo explicativo coas indicacións para utilizar o visor.

También te puede interesar