Comarcas

Entroido, tamén en Nigrán

Este sábado, dende as 18:00h. co tradicional ‘Enterro do kiko’

Entroido, tamén en Nigrán

O Concello de Nigrán celebra finalmente este sábado 16 de marzo o seu tradicional enterro do kiko que, cada ano, pon fin ao entroido (nesta edición tívose que pospoñer dúas veces por mor da choiva).

Así, o evento máis característico do carnaval nigranés- realizado grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor- terá lugar a partir das 18:00 horas coa saída desde o Auditorio Municipal da comitiva fúnebre cara o Torreiro de Parada cara a cerimonia fúnebre oficiada polo pregoeiro Antonio, quen divertirá coas súas coplas elaboradas cada ano ex-profeso. Despois terá lugar a procesión polo barrio da Igrexa e a queima.

Alternativo al ‘Enterro da Sardiña’

Esta peculiar celebración naceu en Parada como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con “kikos” (ata o punto de que esta ave representa á entidade). Ao longo dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento distintivo do entroido nigranés ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois (nesta edición os bois non poderán estar).

También te puede interesar