Comarcas

A grada de Gol, a recuperación do Fraga e o Mundial 20230,obxectivos da Deputación en Vigo

O presidente salienta a renovación dos convenios subscritos anteriormente

A grada de Gol, a recuperación do Fraga e o Mundial 20230,obxectivos da Deputación en Vigo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este mércores a estratexia do executivo provincial para a transformación da provincia de acordo cos criterios de sustentabilidade económica, social e medioambiental que rexen a Axenda Europea 2030 e tamén a Axenda Rural e Urbana da provincia.

Unha folla de ruta da que falou o mandatario provincial a rexedores e concelleiros de concellos da área de Vigo, técnicos e profesionais da administración local e representantes do tecido asociativo desta comarca na segunda das mesas de traballo que está a desenvolver a Deputación por toda a provincia, neste caso tivo lugar na sede de Vigo. Trátase dunha xuntanza para «traballar nun proxecto conxunto de futuro e construír unha provincia sensible co cambio climático, que coida da súa veciñanza e que ofrece servizos de calidade en todo o seu territorio», explicou Luis López, acompañado pola deputada de Fondos Europeos, María Ramallo.

Compromiso con Vigo

Unha estratexia que pasa pola colaboración institucional e a cooperación entre administracións para acadar os obxectivos. Por iso, Luis López aproveitou a celebración deste acto para reiterar o «compromiso da Deputación coa principal cidade de Galicia».

Un compromiso que se reflicte coa renovación dos convenios subscritos anteriormente e que se reforza con novos investimentos e iniciativas como os 2,5 millóns de euros orzamentados para a construción da grada de Gol de Balaídos, o apoio á candidatura para ser sede do Mundial de fútbol do ano 2030 ou a intención de reabrir o Cine Fraga. “O modelo desta Deputación é o de tender pontes. Farémolo nos 61 concellos da provincia e desde logo tamén en Vigo”, afirmou Luis López.

Desenvolvemento sostible

Ao longo de toda a mañá, os asistentes traballaron sobre un plan que recolle os desafíos e oportunidades
de futuro que debe afrontar a provincia. Deste xeito, participaron en tres dinámicas de traballo dirixidas a pensar e poñer en común iniciativas relacionadas co desenvolvemento sostible nesta comarcas.

Luis López deu conta de iniciativas levadas a cabo polo seu goberno neste contexto que pasan pola activación do emprego, o apoio ás entidades locais para redactar e executar proxectos transformadores e mellorar os servizos ou o traballo conxunto con outras administracións para mellorar os espazos públicos. Fixo fincapé o presidente na importancia de fomentar o emprego e recordou que no que vai de ano a Deputación mobilizou 6,2 millóns para a contratación de 500 persoas en 40 municipios. Ademais, en materia de investimentos, estanse a asignar os fondos da Liña 1 do +Provincia, dotada con 34 millóns de euros; e do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotada con 4 millóns de euros; para executar proxectos transformadores. E en materia de sustentabilidade, o presidente recordou tamén a colaboración coa FEMP para avanzar no deseño de cidades saudables.

Reto Demográfico

Neste sentido, o presidente fixo tamén fincapé en dúas áreas fundamentais desta axenda rural e urbana ás que a Deputación presta especial atención. Son o reto demográfico e o impulso a proxectos
transformadores. Puxo en valor que o goberno provincial ten en conta por primeira vez o reto demográfico para un reparto de fondos máis xusto que permita dar con solucións que palíen esa perda de poboación que afecta ao noso rural e tamén a creación dunha cuarta liña no +Provincia dotada con 1,2 millóns de euros que permita executar proxectos que sigan eses criterios que marca a Axenda 2030.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.