Deportes

Scalextric de primeiro nivel no Porriño

Proba puntuable por primeira vez para o European RallySlot Legend

Scalextric de primeiro nivel no Porriño

Esta fin de semana disputarase na vila do Louro a primeira proba en Galicia do Campionato Legend patrocinado pola marca SRC, que será puntuable por primeira vez para o European RallySlot Legend. Unha proba que discorrerá esta fin de semana, o venres 1 e o sábado 2 de marzo, organizada polo Slot Club Porriño en colaboración co Concello.

“É toda unha honra para O Porriño ser sede dunha das probas deste campeonato e isto é posible grazas ao Slot Club Porriño, que foron quen de posicionarse como un club de referencia nesta disciplina e achegar á mesma a moitos porriñeses que a descoñecían”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Lorenzo, xunto co presidente do club, Jorge Romero e o piloto Bruno Romero, presentou o Rally que enfrentará a máis de 40 pilotos chegados dende toda a xeografía galega e norte de Portugal. Estarán presentes os mellores pilotos do Slot Club Porriño, que veñen de colleitar o título galego de Escuderías na pasada edición deste campeonato, así como o segundo posto na categoría Grupo B e en Master 50. Para a ocasión contarán con rivais dos clubes de Barbadás, Braga, Lucus e Narón entre outros, que virán ao Porriño con ganas de vencer aos rápidos pilotos locais. Bruno Romero, Anxo Pazo o Jorge Romero serán algúns dos pilotos de casa que intentarán pelexar pola vitoria nas súas categorías.

A proba arrancará o venres ás 20 h cunha primeira manga, e continuará o sábado todo o día, coa saída dos primeiros participantes ás 10 h. Os pilotos terán que percorrer os 20 tramos que ten preparada a organización no menor tempo posible. A  marca patocinadora SRC proporcionará os premios aos primeiros clasificados, ademais de varios sorteos entre os participantes.

También te puede interesar