O Concello deixou de executar o ano pasado 112 millóns dos 402 que tiña orzamentados

Satisfación no Goberno local polo “elevado grao de execución”

O Concello deixou de executar o ano pasado 112 millóns dos 402 que tiña orzamentados

O Goberno local executou o ano pasado 287 millóns dos 402 que o Concello tiña orzamentados para todo o ano: 1 de cada 4 euros

Deste feito deu conta o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, quen engadiu que chegaron á fase de ‘compromiso de gasto’ un total de 332 millóns ademáis, sumou, nas primeiras semanas de 2024 engadíronse outros 8,7 millóns. O total, apuntou, amosa o “elevado grado de execución orzamentaria“.

Deixaron de investirse 392€ en cada vigués

Aínda así, o seu argumento non convenceu á oposición. Para o Partido Popular, non vale de nada falar de ‘orzamentos récord’ se non se gastan, dixo a concelleira Luisa Sánchez quen engadiu que a realidade é que deixáronse de investir 392€ en cada vigués” e preguntou aos responsábeis do Goberno local “que lle imos dicir ás familias que nos chegan a finais de mes?

Falta de xestión

Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego entende que no Pleno de hoxe quedou “retratada” a falla de xestión do Goberno de Abel Caballero. O voceiro nacionalista subliñou, así mesmo, a “continuada inexecución” dos orzamentos municipais e asegurou acusou aos socialistas de gobernar “en diferido”.

“Son o Goberno do ‘vuelva usted mañana’, de prometer e non facer, de anunciar e non executar”, engadiu Xabier P. Igrexas, subliñando que esos 112 millóns que non se gastaron “non son aforro nin eficencia”, son “112 millóns de euros de promesas incumpridas, de necesidades desatendidas, 112 millóns de euros das viguesas e vigueses que non retornan en forma de servizos”, reprochou.

Persoal e investimentos

Nese sentido, Igrexas detallou algunhas das principais partidas que o Goberno local deixou sen executar. No referido ao capítulo de Persoal, criticou que quedaran sen gastar 15 millóns por causa de ter 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar. “Prazas que substitúen con privatizacións nun Concello no que a día de hoxe xa se destinan 2 de cada 3 euros a empresas privadas que xestionan servizos municipais”, denunciou.

De igual xeito, o portavoz municipal do BNG subliñou como no capítulo de Investimentos quedaron sen executar, un ano máis, o 56% dos recursos. “Hai 13 proxectos de humanización, o seu grande emblema, para os que durante todo o ano 2023 non se gastou nin un só euro, afirmou, lembrando actuacións que ano tras ano se repiten nas contas do Concello como a Praza de San Mauro, o aparcamento de Matamá, a humanización da rúa San Roque ou a mil veces prometida Avenida de Madrid.

A maior cidade de Galiza non se goberna dende o plató de Risto Meijide

No capítulo social, Igrexas lamentou que quedaran sen gastar 140.000€ da partida de fondos de emerxencia para familias, “que fora xa recortada nun 22% para o exercicio 2023,  malia o grave contexto de crise na cidade”.

No mesmo sentido, cualificou de “ridículo” o orzamento para o Plan Municipal de Emprego, dos que apenas se executaron a metade dos 1,2 millóns previstos, mentres que no caso do Plan de Emprego Xuvenil non se gastou nin un só euro o pasado ano.

“A maior cidade de Galiza non se goberna dende o plató de Risto Mejide”, ironizou o voceiro nacionalista sobre as súas habituais presenzas do alcalde de Vigo como tertuliano, algunhas incluso ausentándose do Pleno municipal. Aliás, pediu explicacións por un novo abandono do rexedor na presidencia da sesión plenaria transcorrida apenas media hora do seu inicio, malia ser obrigada a súa presenza e non constar ningún compromiso na axenda oficial.

Non ás propostas do BNG para os remanentes

Dende o BNG trasladaron a esta sesión plenaria unha moción que incluía 15 medidas para destinar 100 millóns de euros dos remanentes municipais a atender as necesidades reais da cidade. Actuacións destinadas a fortalecer os servizos públicos; enfrontar o grave problema da vivenda e do empobrecemento social; mellorar as políticas culturais, deportivas e medioambientais e poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias, que foron tombadas polos votos en contra do grupo socialista.

También te puede interesar