O PP acada a quinta maioría seguida en Galicia e o BNG é o partido máis votado en Vigo

O Partido Socialista afúndese a nivel galego e local

O PP acada a quinta maioría seguida en Galicia e o BNG é o partido máis votado en Vigo

Os cidadáns falaron e, co máis do 95% dos votos xa contados, o Partido Popular gañou as Eleccións ao Parlamento de Galicia con maioria absoluta: a quinta consecutiva. Os populares, liderados por Alfonso Rueda (55), fixéronse co 47,35% dos votos e 40 escanos, dous menos que hai catro anos, pero dous por riba da maioría ansoluta (38).

Ana Pontón (47) leva ao Bloque Nacionalista Galego ao mellor resultado da súa historia, co 31,57% das papeletas e 25 escanos, seis máis que en 2020.

Pola súa banda o PSOE afúndese e da man de José Ramón Gómez Besteiro (56) cae ata o peor resultado nas 12 convocatorias electorais galegas: só se fai con 9 escanos (5 menos que hai catro anos), e o 14% do apoio dos cidadáns.

O PP gaña nas 4 provincias, o BNG sube escanos en todas e o PSOE os perde en todas agás Lugo

O Partido Popular gaña nas catro provincias. Así, obtén 13 deputados pola provincia da Coruña (-1); na de Lugo terá 8 (-1); os mesmos que en en Ourense (=) e 11 na de Pontevedra (=).

No caso do BNG, obtén 9 escanos na Coruña (+2); 4 deputados por Lugo (+1); outros 4 en Ourense (+1) e 8 en Pontevdra (+2).

Polo que se refire ao PSOE, terá 3 deputados da Coruña no Parlamento galego (-1); 2 por Lugo (=); 1 so representante por Ourense (-2) e 3 deputados por Pontevedra (-2). Aínda así, Gómez Besteiro, en resposta a preguntas dos xornalistas, confirmou que asumirá o seu posto na oposición en canto se constitúa a Cámara galega.

O BNG primeira forza política en Vigo

Polo que se refire a Vigo, o Bloque Nacionalista Galego é a forza máis votada. Os nacionalistas pasaron, da man de Pontón, de 9.503 votos nas Eleccións galegas de 2016 a 55.076, este 2024, preto de 6 veces máis.

Así o BNG fíxose co 35,3% dos votos en Vigo, o que supón 13,6 puntos máis que en 2020, cando lograra 31.628 sufraxios (o 21,77% do total).

O Partido Popular tamén sube na ciudade, en relación as eleccións de 2020: pasa de 44.064 votos, o 23,34%, a 52.203, que representa o 25,2%. Por último, o Partido Socialista, do alcalde, Abel Caballero, baixa preto de 12 puntos e pasa a ser a terceira forza, caendo dende os 43.332 votos de 2020 (32,52%) a 29.889 deste 2024 (20,1%).

También te puede interesar