Cultura

Fillas de Cassandra inicia no ‘Mar de Vigo’ a xira ‘Últimas Dionisíacas’

Este venres ás 22:00h.

Imaxe: Sabela Andrés/ Fillas de Cassandra iniciara este venres, 16 de febreiro, a xira «Últimas Dionisíacas» na súa cidade natal, Vigo. Tras esgotar, en menos de 10 días, os 1.400 billetes dispoñibles para a cita no Auditorio Mar de Vigo, o dúo conformado por María SOA e Sara Faro estreará no hall do recinto o seu novo directo.

O concerto, que comezará ás 22.00 horas (a apertura de portas será ás 21.30 horas), contará coa colaboración de diversas bandas e solistas cuxa participación será toda unha sorpresa para o público asistente. 

«Últimas Dionisíacas»

É a nova proposta escénica e musical de Fillas de Cassandra, na que as artistas fan unha revisión dos temas máis coñecidos do seu primeiro LP, Acrópole, desde unha electrónica máis escura e potente. Tamén recuperan algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e dan a coñecer outros inéditos para o público.

Neste directo, a luz e a escenografía teñen un papel moi relevante; mais unha das principais novidades é que Fillas de Cassandra están acompañadas sobre o escenario dunha banda, que integran Tania Caamaño e Marina Vidal. Desde xeito, e con esta formación, o grupo relevación do panorama musical galego no 2023 aposta pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, mais sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.

Máis música en directo no Auditorio Mar de Vigo

Lembramos que o concerto de Ara Malikian previsto para este sábado 17 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo foi cancelado debido a problemas de saúde do artista. O éxito rotundo co que Fillas de Cassandra esgotaron as súas entradas súmase a unha serie de impresionantes eventos no Auditorio Mar de Vigo para os vindeiros meses. As entradas para o concerto de Funzo & Baby Loud, previsto para o 16 de marzo dentro da súa xira de despedida, «Negative Cloud Pa Sempre Tour», tamén se esgotaron en tempo récord.

Pero a emoción non se detén aquí, xa que se aveciñan máis experiencias musicais inesquecibles con Pablo López, para o que restan poucas entradas para o concerto do 14 de marzo. El BarrioCoque MallaXabier Díaz & Adufeiras de SalitreValeria CastroMalú ou The Jayhawks (as entradas sairán á venda proximamente), forman parte da destacada programación musical que fará vibrar ao público nos próximos meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.